Recollida de premios do concurso de podcasts "O vello dos contos"
O pasado martes 6 de xuño, o grupo de 1º ESO do IES Ricardo Mella viaxou ata Santiago de Compostela para recoller o seu trofeo e os seus agasallos por seren finalistas da V edición dos premios internacionais de podcasts "O vello dos contos" co seu podcast enviado a concurso e titulado "Don Paco, eterno". A cerimonia de entrega, celebrada no IES Rosalía de Castro e conducida por Aser Álvarez, director da produtora Arraianos, contou tamén coa presenza de Anxo Angueira (mestre, poeta e presidente da Fundación Rosalía), Valentín García (secretario Xunta) ou mesmo coa propia Lola Mosquera, filla do homenxeado con este concurso, Xosé Mosquera Pérez, O Vello dos Contos. Ademais, a xornada foi completa, pois o alumnado que se desprazou ata Compostela gozou cunha marabillosa mañá de sol, na que puideron visitar emprazamentos como a Catedral de Santiago ou o Pazo de Fonseca... Viva a radio escolar! Viva o vello dos contos! Viva don Paco Eterno!! #NaondadoMella #EdlgMella #DonPacoEterno