CPInclúe

8 de abril Día internacional do Pobo Xitano

O pasado 8 de abril celebramos no noso centro o día internacional do pobo xitano.

A esta celebración ademáis do noso alumnado e profesorado, acudiron representantes da Fundación Secretariado Xitano de Vigo, cos que traballamos día a día defendendo os dereitos do alumnado xitano e as súas familias. 
Foi unha data moi emocionante onde repartimos chapas e pulseiras feitas polo alumnado, xunto cunha breve exposición e trípticos sobre a historia, orixe, lingua, bandeira, costumes... do pobo xitano.
 
Para conmemorar este día, o alumnado de segundo curso do ciclo superior de telecomunicións durante o segundo trimestre( en colaboración con profesora de FOL Raquel e a mestra de PT atención preferente, ambas coordinadoras de contrato programa Iguálate e Inclúet respectivamente) elaborou unha unidade didáctica chamada " Que sabes do pobo xitano?", co obxectivo de dar cabida a este pobo dentro do currículum nas ensinanzas da ESO e FPB, principalmente dende as materias de Historia e Valores.
 
 
 
 
Ademáis, tamén adxuntamos unha presentación feita polo noso alumnado.
 
Por último, agardamos que desfrutedes dun pequeno vídeo resumo con fotos do propio día.
 
Todos xuntos debemos seguir loitando polos dereitos do pobo xitano! E o principal cambio é...a través dunha educación inclusiva en igualdade de oportunidades.
 
 

Pílulas no Mella_Primeiro episodio

Presentamos o primeiro episodio de “Pílulas no Mella” un podcast sobre inclusión, igualdade e convivencia onde o que pretendemos e reflexionar sobre a importancia de traballar cada un destes conceptos para crear entornos de aprendizaxe seguros. Esperamos que sexa do voso interese!

Conmemoración do Día da Discapacidade

O pasado 3 de decembro para conmemorar o día da discapacidade, no noso IES e dentro do Contrato Programa Inclúe-T e Iguala-T, adicamos diferentes corredores a mulleres valentes con discapacidade:
 
1º da ESO encargouse de Desirée Vila.
3º da ESO encargouse de Susana Rodríguez.
4º de ESO e 4º PDC encargouse de Pilar Lima.
e alumnado de Formación Profesional encargouse de Gennet Corcuera.
 
Este alumnado estivo investigando sobre a vida e traxectoria destas mulleres para despois elaborar uns carteis para poñer nos diferentes corredores.
 
 
 
Pois ben, Desirée, Pilar e Susana quixeron agradecer o traballo do alumnado e mandáronnos uns vídeos moi emocionantes.
 
Aquí vos deixamos os diferentes vídeos para que vos emocionedes tanto coma nós
 
 
 
   
Distribuir contido