Iguala-T

Conmemoración do Día da Discapacidade

O pasado 3 de decembro para conmemorar o día da discapacidade, no noso IES e dentro do Contrato Programa Inclúe-T e Iguala-T, adicamos diferentes corredores a mulleres valentes con discapacidade:
 
1º da ESO encargouse de Desirée Vila.
3º da ESO encargouse de Susana Rodríguez.
4º de ESO e 4º PDC encargouse de Pilar Lima.
e alumnado de Formación Profesional encargouse de Gennet Corcuera.
 
Este alumnado estivo investigando sobre a vida e traxectoria destas mulleres para despois elaborar uns carteis para poñer nos diferentes corredores.
 
 
 
Pois ben, Desirée, Pilar e Susana quixeron agradecer o traballo do alumnado e mandáronnos uns vídeos moi emocionantes.
 
Aquí vos deixamos os diferentes vídeos para que vos emocionedes tanto coma nós
 
 
 
   
Distribuir contido