Esposición "Exodus" na entrada do centro
Enviado por admin o Lun, 29/01/2018 - 19:35
Unha mostra que reflicte a ollada dos fotoxornalistas galegos Felipe Carnotto e Adrián Irago. As fotografías, realizadas entre setembro e outubro de 2015, documentan as vivencias das persoas refuxiadas que foxen de distintos conflitos bélicos para chegar a Lesbos e percorrer os Balcáns na procura dun novo fogar en Europa.
Exposición cedida temporalmente pola Deputación de Pontevedra.