FP INNOVA
Enviado por admin o Xov, 23/03/2023 - 09:58O IES Ricardo Mella de Vigo, participa do 22 ao 24 de marzo no Congreso de Innovación na Formación Profesional (FP Innova 2023), que se celebra na cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Faino a través do Departamento de Electrónica cun proxecto premiado denominado "Telerrobot con realidade virtual". Docentes e alumnos atenden os stands e explican o seu funcionamento aos visitantes.
https://www.edu.xunta.gal/fp/congreso-fp-innova/proxectos/18778
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024
Enviado por admin o Mar, 24/01/2023 - 21:32Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024
Fase de reserva de prazas en centros de adscrición: máis información
Información para o alumnado e as familias:máis información (esta información irá actualizándose)
Datas relevantes do proceso de admisión: máis información
No taboleiro de anuncios do centro, poderán consultar a listaxe definitiva de alumnado con posto reservado, procedente de centros adscritos.
Presentación solicitudes admisión (ED550B) [art. 27] 1 - 20 marzo de 2023
Premio extraordinario de grao superior para un alumno do IES Ricardo Mella
Enviado por admin o Lun, 25/10/2021 - 17:08A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia de 21 titulados da Formación Profesional cos premios extraordinarios de grao superio. O obxectivo destes galardóns é poñer en valor o traballo do alumnado que cursa estas ensinanzas con resultados excelentes. De feito, para optar a estes premios os estudantes debían contar cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos, entre outros requirimentos.
Entre todos eles, o alumno do IES Ricardo Mella da familia profesional de Electricidade e Electrónica, David Quiroga Blanco, tamén foi premiado. Moitos parabéns!!!
Premio de innovación na FP por "Telerrobot con realidade virtual"
Enviado por admin o Xov, 15/07/2021 - 15:49
O proxecto “Telerrobot con realidade virtual” coordinado dende o noso departamento de Electrónica -xunto co IES Politécnico de Vigo e o IES Escolas Proval- vén de ser recoñecido nos Premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación na Formación Profesional.
Con este fin, o alumnado de Electrónica recibirá unha ampla formación en tecnoloxía, robótica e programación para deseñar e construír un robot con capacidade de telecomando a base da incorporación dun sistema de realidade virtual. O robot levará unhas cámaras na posición dos ollos e terá un colo articulado que unha persoa poderá manexar a distancia. O manexo da cabeza do robot farase desde un móbil colocado dentro dunhas lentes de Realidade Virtual, de xeito que os movementos da cabeza da persoa serán replicados pola cabeza do robot. Ademais, a imaxe das cámaras do robot transmitirase ata o teléfono móbil, e así a persoa estará vendo o mesmo có robot. Así que, ánimo ao alumnado e aos profesores da familia de Electrónica, Carmen Currás, Jorge Domínguez e Javier Darriba, para afrontaren este novo reto!! |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »