Novos Cursos de Especialización

Proceso de admisión a Ciclos de Formación Profesional, FP dual intensiva e Cursos de Especialización. Curso 2024-2025

 

Aberto o procedemento de admisión dirixido ao alumnado que quere acceder a Ciclos Formativos (ordinario, adultos modular presencial e adultos modular semipresencial/distancia), FP Dual intensiva e Cursos de Especialización.

Toda a información está a túa disposición na web de FP da Consellería de Educación, ciencia, universidades e formación profesional.

Para acceder ás instrucións xerais pincha no enlace: Instrucións admisión a FP curso 2024/25

Os prazos do proceso de admisión podes atopalos no enlace: Calendario do proceso de admisión 2024/25

A solicitude debes realizala a través da aplicación CiclosAdmisión

Instrucións do uso da aplicación para a solicitude e seguemento do proceso: Asistente informático

Consulta a Oferta formativa do IES Ricardo Mella

 

Horarios ciclos formativos réxime de adultos presencial 

Podedes consultar os horarios dos ciclos formativos do réxime de adultos presencial. Pódenvos axudar a decidir os módulos (de entre aqueles que vos adxudiquen) nos que vos debedes matricular para evitar solapamentos. 

 

 MOI IMPORTANTE: Lembren que non matricularse ou non reservar en prazo, en calquer adxudicación, perderán a praza adxudicada. Para mais información lean detidamente as instruccións expostas no portal educativo, que prevalecerán ante calquer información publicada nesta páxina.  

  

Calendario de Matrícula. Datas recomendadas. 2024/25

 

DATAS DE MATRÍCULA RECOMENDADAS 2024/25

  • Para evitar esperas e axilizar o proceso de matrícula, recoméndase seguir este calendario:
  ENSINANZAS   DATAS
  ESO E BACHARELATO   26, 27 e 28 de xuño

  CICLOS ORDINARIO CON PRAZA GARANTIDA

  Paso de 1º a 2º   e   Repetidores de 2º

  25 de xuño (titorías) e 28 de xuño
  FCT (Formación en centros de traballo)

  Do 8 ao 12 de xullo

  Exencións e non matriculados en xullo:

  a partir do 1 de setembro

 

  • Pódese recoller o sobre de matrícula o mesmo día de entrega de notas: 25 de xuño
  • Datas oficiais de formalización de matrícula en ESO e Bacharelato: 24 de xuño ao 7 de xullo
  • Datas oficiaos de matrícula de Ciclos Ordinario con praza garantida (1º a 2º, e repetidores de 2º): 24 de xuño ao 4 ao 4 de xullo

 

Procedemento de reclamación. Curso 2023/24

 

Procedemento de reclamación contra as cualificacións finais de ESO, Bacharelato e  Formación Profesional. Curso 2023/2024.

O alumnado, e no seu caso as súas familias, que logo das aclaracións co profesorado persista no desacordo coa cualificación final obtida nunha materia ou módulo, poderá solicitar por escrito a revisión no centro os días 26 e 27 de xuño a través modelos establecidos ao efecto. Se tras a comunicación pola dirección da resolución aos interesados, mantense o desacordo pódese realizar por escrito unha reclamación ante a Xefatura territorial.

 

Os modelos e a información adicional sobre o proceso, pódense atopar no seguintes enlaces:

Modelos ESO – Bacharelato: Para o centro,    Para a xefatura territorial

Modelos Formación Profesional:  Para o centro,    Para a xefatura territorial

Normativa ESO – Bacharelato: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/39361

Normativa Formación Profesional: art 45 Orde 12 de xullo 2011

 

Distribuir contido