Probas libres para a obtención de títulos FP LOE/LOXSE. Curso 23/24

 

Publicado o calendario e a actualización da información das probas libres para a obtención de títulos de FP (LOE/LOXSE). Convocatoria curso 2023/24

 

Toda a información sobre as probas libres 

 Acceso ás instrucións: solicitude e proceso de admisión.

       

PRAZOS

Presentación de solicitudes: do 17 de abril ás 9:00h ata o 30 de abril ás 13:00h.

Matrícula: do 14 de maio ás 14:00h ata o 21 de maio ás 13:00h

Liberados e adxudicación continuada: do 23 de maio ás 9:00h ata o 31 de maio ás 13:00h

 

CALENDARIOS E PROGRAMACIÓNS PROBAS LIBRES CURSO 2023/24   (prema nos enlaces)

 

CALENDARIOS PROGRAMACIÓNS

Administrativo 

   CM Xestión Administrativa  

CS Administración e Finanzas

CS Asistencia á Dirección

     Electicidade e Electrónica     

CM Instalacións de Telecomunicacións

CS Mantemento Electrónico

   CS Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos   

Sanidade

CM Emerxencias Sanitarias

CM Farmacia e Parafarmacia

CM Coidados Auxiliares de Enfermería (LOXSE)

   CS Imagen para o Diagnóstico e Medicina Nuclear   

 

* Nas programacións de FOL figura que a duración do exame é de 100 minutos, por exixencias de calendario a súa duración será de 60 minutos

** A sesión de presentación será o día 3 de xuño ás 8:45h no salón de actos do centro (para todos os ciclos)

*** Lembre que de non asistir inxustificadamente á sesión de presentación ou a calquera das partes das probas será excluído do proceso

 Aviso. Lembre que segundo a normativa vixente (D.A. 2ª Orde 5/4/13, DOG Nº73, 2013), o centro realizará a baixa de oficio da matricula da proba cando unha persoa matriculada non asista inxustificadamente á xornada de acollemento ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional. As persoas ás cales se lles aplique a baixa de oficio perderán a condición de persoa matriculada na proba, polo que non se terá en conta ninguna cualificación e non poderán presentar unha solicitude de inscrición nas probas do curso académico seguinte, e só poderán presentarse a esa convocatoria no caso de que haxa vacantes despois de resolto o proceso de admisión.

 

 

PUBLICACIÓN DAS NOTAS DA PRIMEIRA PARTE DA PROBA: 6 DE XUÑO DE 2024 ÁS 13:00H NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO

REVISIÓN DE EXAMES PRIMEIRA PARTE DA PROBA: 6 DE XUÑO DE 1014 DE 13:00H A 14:00H

PUBLICACIÓN NOTAS FINAIS DA PROBA: VENRES 14 DE XUÑO DE 2024 ÁS 13:00H NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO

RECLAMACIÓN CONTRA AS NOTAS FINAIS DA PROBA: LUNS 17 E MARTES 18 DE XUÑO DE 2024

 

 

 

Bolsa do Ministerio de Educación e FP para estudos postobrigatorios. CURSO 24/25

 

Apertura do prazo para a solicitude da bolsa para estudos postobrigatorios do Ministerio de Educación e FP.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 19 de marzo ás 09:00h ata o 10 de maio ás 15:00h .

O alumnado interesado en solicitala debe dirixirse ao seguinte enlace.  Será preciso darse de alta para comezar coa solicitude.

Requisitos e contías para o acceso a FP e Bacharelato.

Requisitos e contías para o acceso á Universidade.

Para calquera dúbida, podedes consultar ao Departamento de Orientación.

 

FEIRA DAS ENSINANZAS EN PONTEAREAS

FAMILIAS PROFESIONAIS DE ELECTRICIDADE ELECTRÓNICA, XESTIÓN e ADMINISTRACIÓN   MOSTRANDO OS  CICLOS FORMATIVOS  na FEIRA das ENSINANZAS en PONTEAREAS 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024

Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinado ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

       https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 645 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024.

Poderá solicitar estas axudas o alumnado o alumnao de 1º e 2º de bacharelato matriculado en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O periodo de realización das actividades comprenderá dende a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024 (as datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas de alumnado seleccionado).

 

Prazo de presentación de solicitudes dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo de 2024  

 

Admisión alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. Curso 2024/25

 

Acceso á publicación no Portal Educativo:

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/25

 

Información para alumnado e familias: prema aquí     (pendente de actualización da oferta de prazas vacantes)

Datas relevantes do proceso de admisión: prema aquí

Anexo I Reserva de praza en centro docente sostido con fondos públicos  ED550A  (alumnado de centros adscritos que cambia de etapa)

Anexo II Admisión ordinaria en centro docente sostido con fondos públicos  ED550B 

 

Todo o alumnado de centros adscritos con dereito de reserva está admitido. (De querer presentar a renuncia debe facerse por escrito antes do 28 de febreiro).

Oferta de vacantes:

 

ESO

BACHARELATO

1ºESO (*)

15

1ºBAC-Ciencias e Tecnoloxía

23

2ºESO

1

1ºBAC-Humanidades e CS

20

3ºESO

12

2ºBAC-Ciencias e Tecnoloxía

20

4ºESO

1

2ºBAC-Humanidades e CS

10

 

 

Distribuir contido