Alumnos de FP de prácticas en empresas europeas co programa Erasmus+
Enviado por carmenc o Ven, 26/03/2021 - 18:35Dous alumnos de Formación Profesional de Grao Superior vanse de Erasmus para iniciar as prácticas de Formación en Centros de Traballo (FCT) en empresas europeas. Alejandro fará prácticas de Saúde Ambiental nunha empresa irlandesa e Jessica fará prácticas de Asistencia á Dirección nunha empresa de Malta.
Este tipo de experiencias de mobilidade son promovidas pola Unión Europea entre os estudantes de Formación Profesional nunha aposta polo desenvolvemento da cidadanía europea e a mellora das competencias persoais e sociais, ademáis das competencias técnicas.
Parabéns e sorte para os dous!
Premios extraordinarios de Bacharelato e FP Superior
Enviado por admin o Mér, 25/11/2020 - 20:22A Xunta publicou os premios extraordinarios de Bacharelato e FP superior aos que se lles recoñece os méritos excepcionais polo excelente resultado académico acadado.
Entre eles atópase Fernando José Criado Rodríguez, alumno do IES Ricardo Mella no Ciclo Superior de Mantemento Electrónico.
Moitos parabéns !!!
"NO IES RICARDO MELLA ENTENDEMOS QUE A EDUCACIÓN É A MELLOR FERRAMENTA PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA E XÉNERO"
Enviado por admin o Mar, 24/11/2020 - 23:56"NO IES RICARDO MELLA ENTENDEMOS QUE A EDUCACIÓN É A MELLOR FERRAMENTA PARA A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA E XÉNERO"
Plan MELLorA
Enviado por admin o Mar, 05/11/2019 - 07:33Proxecto de innovación "Sistema IP de megafonía e control de acceso"
Enviado por admin o Mér, 29/05/2019 - 18:05Presentación do proxecto de innovación “Sistema IP de megafonía e control de acceso” no congreso FP Innova Galicia celebrado en Santiago
Alumnos e profesores do departamento de Electrónica do IES Ricardo Mella participaron do 8 ao 10 de maio no congreso FP Innova Galicia, celebrado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, onde presentaron o proxecto de innovación “Sistema IP de megafonía e control de acceso”
O proxecto resultou premiado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa como premio de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional.
O proxecto consiste na elaboración do prototipo dun sistema IP de megafonía e control de accesos que utilice un sistema de control de baixo custe baseado no computador "Raspberry Pi" e coas partes non electrónicas feitas cunha impresora 3D. Con el preténdese formar aos alumnos en impresión 3D, mantemento de voz sobre IP, audio e vídeo.
Máis información:
http://www.edu.xunta.es/fp/congreso-fp-innova/proxectos/15187
Pódese ver un vídeo presentación do proxecto pinchando na imaxe:
Tamén se poden ver unha presentación de fotos pinchando na seguinte imaxe (Tamén na galería):
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »