Alumnos de FP de prácticas en empresas europeas co programa Erasmus+
Enviado por carmenc o Ven, 26/03/2021 - 18:35
Dous alumnos de Formación Profesional de Grao Superior vanse de Erasmus para iniciar as prácticas de Formación en Centros de Traballo (FCT) en empresas europeas. Alejandro fará prácticas de Saúde Ambiental nunha empresa irlandesa e Jessica fará prácticas de Asistencia á Dirección nunha empresa de Malta.
Este tipo de experiencias de mobilidade son promovidas pola Unión Europea entre os estudantes de Formación Profesional nunha aposta polo desenvolvemento da cidadanía europea e a mellora das competencias persoais e sociais, ademáis das competencias técnicas.
Parabéns e sorte para os dous!