IES Ricardo Mella
Enviado por admin o Ven, 17/09/2032 - 19:00O Instituto de Educación Secundaria Ricardo Mella está situado no Meixoeiro, preto dos límites dos concellos de Vigo e Mos. Desenvolve a súa actividade educativa dende 1979, ano da súa inauguración.
IES Ricardo Mella
Estrada vella de Madrid, nº 177
Apartado 3047
36214 Vigo - Galicia - España
Teléfono: 886 121 001 FAX: 886 121 026
Email: ies.ricardo.mella@edu.xunta.gal
Proceso de admisión a Ciclos de Formación Profesional, FP dual intensiva e Cursos de Especialización. Curso 2024-2025
Enviado por admin o Dom, 23/06/2024 - 23:49
Aberto o procedemento de admisión dirixido ao alumnado que quere acceder a Ciclos Formativos (ordinario, adultos modular presencial e adultos modular semipresencial/distancia), FP Dual intensiva e Cursos de Especialización.
Toda a información está a túa disposición na web de FP da Consellería de Educación, ciencia, universidades e formación profesional.
Para acceder ás instrucións xerais pincha no enlace: Instrucións admisión a FP curso 2024/25
Os prazos do proceso de admisión podes atopalos no enlace: Calendario do proceso de admisión 2024/25
A solicitude debes realizala a través da aplicación CiclosAdmisión
Instrucións do uso da aplicación para a solicitude e seguemento do proceso: Asistente informático
Consulta a Oferta formativa do IES Ricardo Mella
Horarios ciclos formativos réxime de adultos presencial
Podedes consultar os horarios dos ciclos formativos do réxime de adultos presencial. Pódenvos axudar a decidir os módulos (de entre aqueles que vos adxudiquen) nos que vos debedes matricular para evitar solapamentos.
MOI IMPORTANTE: Lembren que non matricularse ou non reservar en prazo, en calquer adxudicación, perderán a praza adxudicada. Para mais información lean detidamente as instruccións expostas no portal educativo, que prevalecerán ante calquer información publicada nesta páxina.
Calendario de Matrícula. Datas recomendadas. 2024/25
Enviado por admin o Sáb, 15/06/2024 - 21:18
DATAS DE MATRÍCULA RECOMENDADAS 2024/25
- Para evitar esperas e axilizar o proceso de matrícula, recoméndase seguir este calendario:
ENSINANZAS | DATAS |
ESO E BACHARELATO | 26, 27 e 28 de xuño |
CICLOS ORDINARIO CON PRAZA GARANTIDA Paso de 1º a 2º e Repetidores de 2º |
25 de xuño (titorías) e 28 de xuño |
FCT (Formación en centros de traballo) |
Do 8 ao 12 de xullo Exencións e non matriculados en xullo: a partir do 1 de setembro |
- Pódese recoller o sobre de matrícula o mesmo día de entrega de notas: 25 de xuño
- Datas oficiais de formalización de matrícula en ESO e Bacharelato: 24 de xuño ao 7 de xullo
- Datas oficiaos de matrícula de Ciclos Ordinario con praza garantida (1º a 2º, e repetidores de 2º): 24 de xuño ao 4 ao 4 de xullo