Eventos - Filtro:
Xov | ||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018Como cada dous anos renóvase o Consello Escolar, seguindo as instruccións derivadas da RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018. Temos que renovar as seguintes vacantes, que xunto co director e o xefe de estudos, suman os 18 membros do Consello Escolar:
Aportamos aquí o calendario aprobado pola Xunta Electoral escollida por sorteo o día 18/10/2018. Nos adxuntos a esta comunicación poden baixar os modelos de impreso para presentar as súas candidaturas (do día 29/10 ao día 07/11/2018), o calendario do proceso e as competencias propias do Consello Escolar. Grazas pola súa participación. PROCESO ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR Tendo en conta o Decreto 92/1988, do 28 de abril modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e a resolución do RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, (DOG do Luns, 8 de outubro de 2018 ) pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros do Consello Escolar:
IES de Porto do Son a 17/09/2018
No marco do Mes da Ciencia en Galego, o alumnado de ciencias de 4ESO, 1º e 2º de bacharelato, asistiu á charla de Héctor Álvarez Pol, dentro do programa de divulgación do IGFAE, Instituto Galego de Física das Altas Enerxías.
Nun cm3 de auga (o tamaño dun dado) caben 35 millóns de millóns de millóns de átomos. Se cada átomo fose do tamaño dun campo de fútbol o núcleo (que contén case toda a masa) sería do tamaño dun chícharo. O resto é baleiro. O físico guiounos nesta charla nunha viaxe dende o pequeno núcleo atómico ao máis grande que coñecemos, o universo, con paradas nas estrelas, que conectan ambos mundos ao seren as reaccións nucleares as responsables dos distintos tipos de radiación que estas liberan. Os estudos sobre a historia e a constitución do universo nos aceleradores de partículas e as múltiples aplicacións prácticas da física nuclar (diagnóstico médico, radioterapia, datación por carbono14, fusión nuclear, etc...) fan desta disciplina un campo de investigación cheo de posibilidades. Posibilidades que contamos en galego. Que podemos investigar en galego. Que podemos aprender e ensinar en galego!!! Seguimos coa ciencia en galego, neste caso, coñecendo máis sobre a pesca no noso entorno dentro do programa Con-Ciencia, desenvolvido na biblioteca para o alumnado de 2º de ESO. |