Eventos
Ven | ||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018Como cada dous anos renóvase o Consello Escolar, seguindo as instruccións derivadas da RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018. Temos que renovar as seguintes vacantes, que xunto co director e o xefe de estudos, suman os 18 membros do Consello Escolar:
Aportamos aquí o calendario aprobado pola Xunta Electoral escollida por sorteo o día 18/10/2018. Nos adxuntos a esta comunicación poden baixar os modelos de impreso para presentar as súas candidaturas (do día 29/10 ao día 07/11/2018), o calendario do proceso e as competencias propias do Consello Escolar. Grazas pola súa participación. PROCESO ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR Tendo en conta o Decreto 92/1988, do 28 de abril modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e a resolución do RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, (DOG do Luns, 8 de outubro de 2018 ) pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros do Consello Escolar:
IES de Porto do Son a 17/09/2018
CONTAMOS TODAS é unha das actividades promovidas polo Fondo Galego de Cooperación que desenvolvemos no centro nesta semana no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero en colaboración coa colaboración das áreas de Educación e Xuventude do Concello. O luns o alumnado de 1º de bacharelato asistiu a unha charla-debate con Pilar Díaz e Noemí Pedrós do Centro de Recuperación Integral de mulleres. Onte remataron os obradoiros de 3º ESO de Renacer, o alumnado de 4º de ESO, tivo moito que "contar" e "reflexionar con Tropa de Trapo. Marta e Brais volveron ao centro. Cando veñen, tráennos as palabras, os contos, as miradas. E os seus silencios, que abren tempos para imaxinar. Imaxinar as avoas de Torneiro a termar dun soño, alí, no campo da escola unitaria baleira das voces dos nenos e as nenas, ollando para unha fileira de bicletas. Ou a Leymah Roberta Gbwee liderando un grupo de mulleres liberarianas que loitando, de forma non violenta, ata conseguir sentar os señores da guera na mesa dos acordos pola paz. Polos esforzos dese berro feminista Ellen Johson Sirlea acabaría sendo a presidenta de Liberia e a primeira muller presidenta en África. Recibiron o Premio Nobel da Paz no 2011.
Os nosos mozos e mozas, e tamén os da asociación Ámbar que onte nos acompañaron, pensaron, falaron, discutiron sobre micro e macro machismos, sobre as formas de violencia contra a muller. Repensaron o mundo no que viven. Seguro que han de melloralo. Alí, dende a parede do salón, unha muller espida observa e sorrí.
No segundo recreo, manifestámonos no Día Mundial contra a Violencia de Xénero.
O profesor Suso Montero, docente do IES Campo de S. Alberto e administrador da Aula mentor de Noia, impartiu onte unha charla sobre Aula Mentor ao alumnado do ciclo formativo Condución de Actividades Físco- Deportivas no Medio Natural. Entre outros temas explicou como acceder a esa formación on-line, a oferta formativa clasificada por familias profesionais, centrándose nos que tiñan máis relación co perfil do alumnado destes estudos, o certificado ofical que expide o Minsiterio de Educación e a Xunta de Galicia, o proceso de matriculación, o horario da aula e os datos de contacto no IES Campo de San Alberto. Tamén se referiu aos cursos para profesorado recoñecidos pola Xunta a nivel de méritos (concursos de traslados, trienios, etc). Rematou, animando aos alumnos e alumnas a que complementaran a súa formación con estas ensinanzas non regradas.
Escoitádenos LIBRES. O berro nunca é suficiente. A violencia de xénero aparece cada día nas vidas das mulleres, das mozas, das nenas. Miradas que nos ven como obxectos. Obxectos para seren posuídos, agredidos, violados, asasinados. Miradas debedoras dunha longa sombra que vén do alén dos tempos. Opresoras. Primitivas.
Por iso os berros nunca son suficientes. E "Debuxamos portas violetas"!!
|