Skip to Content

Conmemoracións

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

09/03/2024 20:12

 

No IES Porto do Son celebrouse o 8 de marzo, o Día Internacional da Muller Traballadora, un día para recordar o papel e a dignidade das mulleres no proceso de conciencia do seu valor humano dentro da sociedade. Ademais no noso centro celebrouse o 11 de febreiro o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Realizamos varias exposicións para poñer en valor o papel chave que desempeñan as mulleres na comunidade científica e tecnolóxica; para recoñecer ás pioneiras, tanto galegas coma internacionais, referentes indispensables na historia para acadar a igualdade e o recoñecemento dos dereitos das mulleres.

O alumnado dispón dunha ampla colección de literatura da biblioteca con obras que nos permiten achegarnos ás grandes figuras femininas, a cambiar o mundo, a facer historia e a desfrutar da lectura!!

 

 Máis fotos AQUÍ

 

SAN VALENTÍN

08/02/2024 22:51

O IES de Porto do Son preparouse para recibir a San Valentín!

O alumnado dispón dunha ampla colección de literatura e cine na entrada da Biblioteca. 

Ademais puido escribir as súas cartas de amor ou amizade. Estas atópanse ao carón da furna que está na conserxería, onde se poideron depositar o 7, 8 e 9 de febreiro; e que foron entregadas o 15 e 16 de febreiro.

Máis información e fotos AQUÍ 

 

ENTROIDO 2024

11/02/2024 21:40

Entre temporais e choiva celebrouse o Entroido un ano máis no polideportivo.

Este ano, todos os niveis tiveron representación nas diferentes comparsas.

Grazas á participación do alumnado, a un equipo de son e uns presentadores sen parangón puidose disfrutar dunhas horas de festival carnavaleiro...

Despois dunha difícil deliberación do xurado, saíron os gañadores do Entroido 2024...

1º Premio da 1ªCategoría (1º a 3º de ESO) foi para o grupo: BISTIPOI ON FIRE

2º Premio da 1ªCategoría (1º a 3º de ESO) foi para o grupo: DIVINAMENTE DIVINAS

1º Premio da 2ªCategoría (4º de ESO / BACHARELATO / CICLO) foi para o grupo: O CIRCO DO SON

 

2º Premio da 2ªCategoría (4º de ESO / BACHARELATO / CICLO) foi para o grupo: OS TROLLS

O festival rematou coa actuación do grupo de profes mais marchosos do Instituto, que nos trasladaron por un momento aos anos oitenta...

Para ver máis fotos, pulsar AQUÍ

  

Distribuir contido


by Dr. Radut