Skip to Content

1º Curso

DRAGÓN KAIAC

31/05/2024 08:34

O mércores 29 de maio, o alumnado de 1º de ESO participou nunha actividade de iniciación de Dragón-Kaiac, unha modalidade perfecta para iniciarse no mundo do piraguismo.

 

 

Máis fotos na seguinte ligazón:

https://photos.app.goo.gl/p9c3RRcPmWny4p248

RUTA DA AUGA

24/03/2024 18:34

O pasado día 22 de marzo, Día Internacional da Auga, o alumnado de 1º de ESO participou na andaina da Agua, unha ruta dende o IES ata a praia da Aguieira, pasando pola depuradora de augas de Porto do Son, alí explicáronos o funcionamento da instalación e a importancia de non malgastar este recurso tan preciado.

 

CAMIÑATA BAROÑA-ALTO DA LOMBA

21/12/2023 23:43
22/12/2023 23:43

Coa intención de finalizar a primeira avaliación cunha xornada de convivencia entre o alumnado de 1º ESO, disfrutar do aire libre, da actividade física e da natureza, o xoves 21 de decembro realizouse unha camiñata na contorna de Baroña e o Alto da Lomba.

 

 

Entre outros, poideron visitar os muíños e Capela de San Tomé, na parroquia de Baroña. Foron acompañados por Ovidio, presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Baroña, que fixo de guía e explicou algunhas das tarefas que se realizan na comunidade así como a historia da Capela de San Tomé.

 

 

A media mañá repuxeron forzas na Sobreira de Penas e antes de ir coller o autobús de regreso, ainda dou tempo a visitar a igrexa parroquial.

 

 

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS

10/11/2023 15:36

O outono é época de setas, e o alumnado de 1º da ESO preparou unha exposición con exemplares dos nosos montes.  Non sabemos o motivo mais este ano houbo pouca variedade, cantidade e calidade, esperemos que o para o ano mellore a colleita!

A exposición atópase no corredor do primeiro andar ao lado da biblioteca.

Animádevos a botar unha ollada!

 

TALLER MICOLÓXICO

18/10/2023 21:39

 

O mércores 18 de outubro, aproveitando  a tempada de cogomelos, o alumnado de 1º da ESO participou nun taller micolóxico impartido pola asociación AMABUL

 

 

 O alumnado puido coñecer as características do reino dos Fungos, os exemplares máis característicos que se poden observar polos nosos montes e algunhas curiosidades destes seres vivos.

 

 

 

 

 

Obradoiro de lectura dramatizada

01/10/2021 13:10
04/10/2021 11:10

Os días 1 e 4 de outubro terá lugar, durante o horario de lingua galega, un obradoiro de lectura dramatizada.

Será impartido por Ánxela Doval, profesora colaboradora que traballou durante moitos anos neste centro, e que é graduada en Artes Escénicas pola universidade de vigo.

 

Profesora encargada da actividade: Mª Xesús

EXCURSIÓN DE 1º DE ESO A NEIXÓN E ÁS MÁMOAS DO BARBANZA

05/06/2019

O venres 31 de maio o alumnado de 1º de ESO, nunha saída de todo o día organizada polo departamento de Xeografía e Historia como complemento ao currículo deste nivel, visitou o Castro de Neixón e as mámoas da serra do Barbanza.

No Castro de Neixón o arqueólogo que dirixe o centro, Víctor Barbeito, impartiulles unha charla e moustrolles un vídeo sobre a prehistoria na serra do Barbanza; logo ensinoulles e comentoulles o castro de Neixón.

Despois de comer, o autobús deixounos no monte Iroite e fixemos unha ruta ata aldea de Balteiro, por onde puidemos ver varias mámoas da necrópole megalítica. Polo camiño, os rapaces situáronse no mapa e localizaron as súas parroquias e algúns outros lugares da península do Barbanza.

 

 

NATUREZA, SOSTIBILIDADE E DIVERSIÓN EN ALVARELLA!

07/05/2019

A semana pasada, cun tempo estupendo, o alumnado de 1º de ESO visitou o Albergue de Ecoturismo de Alvarella. Foron dous días ben completiños. O xoves, cedo, recibíronnos Sofía, Xosé e Sira. E xa a camiñar ata o mosteiro de Caveiro. Muros, hórreos, muíños, capelas, pontes, fieitos milenarios, árbores da fraga...  Xogando con probas de sostibilidade na palleira e pola finca, cociñando magdalenas na cociña solar (e coa axuda do forno, porque non ía tanto sol. Ben ricas que estaban!), enredando no tempo libre (porque non levamos móbil!!!), ata axudando a limpar no comedor! Con todo o pasamos moi ben!

Os monitores, xenial; a comida das cociñeiras, como na casa, ou mellor!!! Para repetir!!!

 

 

  

 

 

 

 

XORNADA DE ACOLLIDA AO ALUMNADO DE 1º de ESO

20/10/2017 19:44

Esta mañá a chuvia non foi quen de estropear a xornada de acollida para os rapaces e rapazas de 1º de ESO que organizou o alumnado de Artes Escénicas de 4º de ESO, coordinado por Ánxela Doval, profesora do departamento de Filosofía. Estes preparáronlles xogos en diferentes espazos do centro. Trátase dunha actividade que forma parte do Plan de Acción Titorial que ten como obxectivo darlles a benvida ao centro e crear un sentimento de grupo que favoreza a convivencia ao longo do curso. Esta complementarase coa "Ruta da auga" que realizarán o luns que vén na que asentarán os primeiros chanzos para o traballo por proxectos. Este ano: COMUNICACIÓN  (convivencia, diálogo, respecto...).

É un pracer velos felices!!! Un ano máis, o esforzo dos mozos e mozas de Artes Escénicas fíxoo posible!!! Moitas grazas!!!!!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut