Durante a mañá do luns 20 de novembro, o alumnado de 3º da ESO asistiu a unhas charlas sobre agresións sexuais e violencia sexual no salón de actos.
O mércores 22 de novembro, o alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato asistiu a unha obra de teatro “O pequeno poni” na Casa da Cultura de Porto do Son.
Con esta obra pretendese visibilizar unha lacra desgraciadamente asentada nalgúns dos nosos colexios e institutos: o acoso escolar e concienciar sobre a importancia da aceptación de quen é diferente.
Ao remate, o alumnado participou nunha charla coloquio sobre a temática tratada na obra.