Skip to Content

6º Curso

SAÍDA A MONDOÑEDO

10/03/2024 17:06

36 horas intensas de xeoloxía e moito máis!. O alumnado de Xeoloxía e ciencias ambientais e  Bioloxía de 2º de bacharelato tivo esta fin de semana unha saída ao norte de Lugo. Empezaron o venres 8 na praia de Augasantas (As Catedrais) no concello de Ribadeo, aínda que debido ao estado do mar non se puido ver en toda a súa extensión, serviu para entrar en contacto cos materiais xeolóxicos (cuarcitas e lousas) que non abundan pola nosa comarca. A continuación foron a Mondoñedo onde visitaron a casa- museo de Álvaro Cunqueiro, situada na praza da Catedral. Logo foron coñecer o cemiterio vello da cidade onde se atopan as tumbas de Álvaro Cunqueiro, o poeta Leiras Pulpeiro e unha homenaxe ao autor da alborada do Himno galego Pascual Veiga. Pola tarde o percorrido pola cova do Rei Cintolo, a cova kárstica máis longa de Galiza, foi unha experiencia única. 

Ao día seguinte foron a Pontenova, para facer unha visita á mina Consuelo e aos fornos de Vilaoudriz. Alí contáronlles unha parte importante da historia da industria metalúrxica de principios do século XX: nestas minas extraíase e transformábase ferro para exportar a puntos do norte de Europa, sobre todo Alemaña.

Xa de volta, de camiño ao Son pararon no Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño; no  museo e Castro de Viladonga e nas Penas de Rodas, xa graníticas.

A saída serviu ademais para afianzar as relacións entre o grupo e coller forzas para encarar o 3º trimestre!!!

Máis fotos AQUÍ

UNIVERSIDADE DE VIGO

10/01/2024 21:54

O alumnado de 1º e 2º do bacharelato tecnolóxico visitou a Universidade de Vigo, en concreto a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía e a Escola de Enxeñería Industrial, onde asistiron a un obradoiro sobre combustión e outro sobre Intelixencia Artificial. 

Esta actividade foi organizada en colaboración co departamento de Tecnoloxía do IES Virxe do Mar de Noia.

 

 

Noraboa ao alumnado de 2º de Bacharelato que levou un premio por gañar nunha xincana

 

 

Ademáis tiveron a posibilidade de visitar as instalacións e talleres destas escolas.

Terminaron pola tarde facendo unha visita da cidade de Vigo.

 

 

Para ver máis fotos, pulsar AQUÍ

 

UNITOUR

20/12/2023 15:04

 

Este mércores 20 de decembro, o alumnado de 2º de bacharelato foi a unha visita ao Salón UNITOUR en Coruña onde recibiron  información sobre as diferentes ofertas formativas de graos universitarios.

 

 

VIAXE CULTURAL A MADRID

17/12/2023 18:30

O alumnado de 2º de bac de Historia da Arte participou nunha viaxe cultural a Madrid os días 15, 16 e 17 de decembro.

Ademais de coñecer os lugares máis emblemáticos da cidade (Puerta del Sol, Alcalá, Gran Vía…),  visitaron o Museo Reina Sofía, o Museo do Prado e asistiron á obra de teatro “La función que sale mal”.

 

 

VIAXE CULTURAL A MADRID

17/12/2023 18:17

O alumnado de 2º de bac de Historia da Arte participou nunha viaxe cultural a Madrid os días 15, 16 e 17 de decembro.

Ademais de coñecer os lugares máis emblemáticos da cidade (Puerta del Sol, Alcalá, Gran Vía…),  visitaron o Museo Reina Sofía, o Museo do Prado e asistiron á obra de teatro “La función que sale mal”.

Para ver máis fotos pulsar AQUÍ

 

EXPOSICIÓN LUZ NA TERRA

19/10/2023 17:34

 

Dende os departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Galega e Literatura e Bioloxía organizamos unha saída para o xoves 19 de outubro á Cidade da Cultura. Asistimos á visita guiada da exposición Luz na Terra, que se ofrece dentro dos actos de conmemoración do centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos.

  

     

Con esta actividade pretendemos achegar ao alumando de 2º de bacharelato o seu labor determinante na construción da identidade galega e na modernización cultural e científica de Galicia.  

 

 Ao tempo, aproveitaremos para ver a exposición de fotografía Nicolás Muller: Vento do Norte, un dos grandes fotógrafos documentais do século XX. 

 

 

 

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

11/02/2022 14:26

O pasado 11 de febreiro celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia cunha charla de María Mayán, investigadora e directora do INIBIC da Coruña, e con dous vídeos de Sara Dios e Nerea Vidal, exalumnas do centro, que actualmente traballan como enxeñeiras no campo da aeronaútica e as enerxías renovables. Queremos darlle as grazas polo tempo que nos adicaron e felicitalas polo bo traballo que realizan.

 

 

 

"INTRUCIÓNS PARA TOMAR CAFÉ" CON NÚÑEZ SINGALA

05/11/2020

Onte, despois de ter que adiala polo confinamento, estivo co alumnado de 2º de Bacharelato Manuel Núñez Singala dentro do programa Encontros Literarios promovidos pola Dirección Xeral do Libro e o Fomento da Lectura do Ministerio de Educación. Podedes ler máis sobre a actividade no Blog da Biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut