Skip to Content

Orientación

Información sobre as probas libres para a obtención dos títulos de ESO e de Bacharelato

05/02/2024 23:38

O luns, día 5 de febreiro, a Xunta de Galicia abrirá o prazo para inscribirse nas probas para a obtención dos títulos de ESO e Bacharelato para persoas adultas, o que posibilita que quen non obtivera estes títulos a través do ensino ordinario, poidan acceder a eles a través dunha proba libre.

Así pois, as persoas maiores de 18 anos interesadas en obter o título de ESO teñen de prazo entre o 5 e o 21 de febreiro para a inscrición en primeira convocatoria, e do 8 ao 18 de abril en segunda convocatoria. Os centros nos que se poderá presentar a solicitude son a EPAPÛ Eduardo Pondal (A Coruña), EPAPU Santa María de Caranza (Ferrol), IES San Clemente (Santiago de Compostela), EPAPU Albeiros (Lugo), EPAPU de Ourense, EPAPU Río Lérez (Pontevedra) e EPAPU Berbés (Vigo).

No caso das probas para a obtención do título de Bacharelato para maiores de 20 anos, o prazo de inscrición é do 15 ao 28 de febreiro. Os centros nos que se poderá presentar a solicitude son a EPAPU Eduardo Pondal (A Coruña), o IES San Clemente (Santiago de Compostela), a EPAPU Albeiros (Lugo), a EPAPU de Ourense, a EPAPU Río Lérez (Pontevedra) e a EPAPU Berbés (Vigo).

Para obter máis información, podedes pinchar nas seguintes ligazóns:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240111/AnuncioG0655-040124-0001_gl.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240123/AnuncioG0655-050124-0002_gl.html

 

CALENDARIO SETEMBRO

10/07/2020
18/09/2020

 

SETEMBRO 2020

CALENDARIO DE EXAMES DE PENDENTES E CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

 

MARTES, 1 DE SETEMBRO

Pendentes ESO (8:20-14:20)

(alumnos que estando nun curso superior, teñen materias de anos anteriores. As pendentes de plástica e música realizaranse o martes pola tarde, segundo o horario indicado)

E CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

 

 

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BAC

2º BAC

08:20-09:10

Bioloxía

(pendentes)

Física e Q.

(pendentes)

Física e Q.

(pendentes)

 

 

 

 

Mat. Aplicadas I

(pendente)

09:10-10:00

Francés (pendentes)

Francés (pendentes)

Francés (pendentes)

 

10:00-10:50

Matemáticas

(pendentes)

Matemáticas

(pendentes)

Matemáticas

(pendentes)

 

Mat.  I

Mat. Aplicadas I

Mat. Aplicadas

II

 

10:50-11:40

L. Castelá

(pendentes)

L. Castelá

(pendentes)

L. Castelá

(pendentes)

 

11:40-12:30

Xeog. e Historia

(pendentes)

Xeog. e Historia

(pendentes)

Xeog. e Historia

(pendentes)

 

 

Lingua Galega

12:30-13:20

L. Galega

(pendentes)

L. Galega

(pendentes)

L. Galega

(pendentes)

 

13:20-14:10

Inglés

(pendentes)

Inglés

(pendentes)

Inglés

(pendentes

 

 

 

 

16:00-17:30

Lingua Castelá

Lingua Castelá

Lingua Castelá

Lingua Castelá

 

Lingua Castelá

17:30-19:00

Xeografía e Historia

Xeografía e Historia

Xeografía e Historia

Xeografía e Historia

 

Hª de España

19:00-20:00

Francés

Francés

Francés Cultura Clásica

Francés

 

 

 

 

 

MÉRCORES, 2 DE SETEMBRO

 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

 

 

 

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BAC

 

08:20-09:40

Bioloxía e Xeoloxía

PMAR CT

Bioloxía e Xeoloxía

Bioloxía e Xeoloxía

Anatomía

 
 

09:40-11:00

Lingua Galega

Lingua Galega

PMAR Lin.

ITI

Lingua Galega

Lingua Galega

 

 
 

11:00-12:20

 

Física e Q.

Física e Q.

Física e Q.

Física e Q

 
 

12:20-13:40

Matemáticas

Matemáticas

Matemáticas

Matemáticas

 

 
 

13:40-15:00

Inglés

Inglés

Inglés

Inglés

 

 

 

 

 

 

 

 

 

16:00-17:00

Música

Música

Música

Música (pendentes)

Música

IAEE

 

 

17:00-18:00

Plástica

Plástica

(pendentes)

 

Plástica

Plástica

(pendentes)

Plástica

 

 

18:00-19:00

 

Tecnoloxía

Tecnoloxía

Tecnoloxía

 

 

19:00-20:00

Educación Física

 

Educación Física

Estilos de vida saudables

Educación Física

Educación Física

 

 

 

 

SETEMBRO 2020

 

CALENDARIO DE COMEZO DE CURSO

 

ENTREGA DE NOTAS: XOVES, 3 DE SETEMBRO ÁS 13:00 HORAS

 

RECLAMACIÓNS: XOVES E VENRES, 3 E 4 DE SETEMBRO

 

RESOLUCIÓN RECLAMACIÓNS: VENRES, 4 DE SETEMBRO de 10:00 a 11:00

 

MATRÍCULA: VENRES, 4 DE SETEMBRO DE 09:30 A 13:30

 

 

PRESENTACIÓN E INICIO DAS CLASES SUXEITO A POSIBLES MODIFICACIÓNS:

 

1º 2º3º 4º ESO>: MÉRCORES, 16 DE SETEMBRO ÁS 10:30

 

CICLO E  BACHARELATO > XOVES, 17 DE SETEMBRO ÁS 8:20

SOLICITUDE ADMISIÓN CICLOS / PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE / ENTREGA DE SOLICITUDE... ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL...

ORIENTACIÓNS PARA A ELECCIÓN DE MATERIAS EN BACHARELATO

26/05/2020 00:07

-  Para decidir a modalidade de Bacharelato deberas ter en conta que titulacións universitarios ou ciclos formativos de Grao superior, che gustaría facer e nas túas capacidades para cursarlas con éxito.

- Se a túa OPCIÓN é a UNIVERSIDADE, pensa en 5 titulacións diferentes que che gustaría facer porque podes solicitar 5 opcións . Mira no seguinte enlace a rama na que se encadra se encadra e fíxate nas materias de 2º de Bacharelato que contan para entrar nas titulacións que queres. 

https://ciug.gal/PDF/ponderacions.pdf

-  Contrasta que a modalidade de bacharelato que escolles é a adecuada para eses estudos universitarios para facer ben a elección. Por exemplo: hai unha tendencia a crer que grao de psicoloxía pertence a rama de Ciencia Sociais e resulta que está dentro da ramas de Ciencias da Saúde. 

- Ten en conta que se queres facer estudos universitarios para entrar no grao, na nota de acceso computa a nota media do Bacharelato (60%) +  nota da parte xeral da ABAU (40%). Con esa suma sae unha nota sobre 10 puntos. A esa nota súmase as cualificacións dos exames das materias que se teñen en conta na titulación que solicitas multiplicada por 0,1 ou 0,2, segundo se específica nos parámetros de ponderación. Desta maneira podes chegar a ter ata 14 puntos no acceso á Universidade.

-   Para facerte unha idea do teu plan de estudos en Bacharelato, podes consultar tamén o plan estudos 2º Bac: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesportoson/system/files/MATR%C3%8DCULA%202%C2%BA%20BAC-2020.docx_.pdf

- Se queres coñecer o programa das materias podes consultalo no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/guiadalomce/bacharelato/materias

 

- Se a túa OPCIÓN é  cursar un CICLO FORMATIVO DE FP  DE GRAO SUPERIOR, pensa que si accedes desde o título de Bacharel, os criterios que se seguen para a adxudicación de prazas son os seguintes: 

1º.- Alumnado que teñan a MODALIDADE  de BACHARELATO preferente e materias vinculadas para o acceso a CICLOS SUPERIORES. Tes a información neste enlace:  

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8214

2º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, pero sen algunha das materias vinculadas. 

3º. Alumnado con título de bacharelato sen modalidade preferente.

 

Máis información sobre FP (Grao Medio e Superior): 

- FOLLETOS INFORMATIVOS FP: http://www.edu.xunta.gal/fp/folletos-informativos-fp

- Para a INSCRICIÓN NOS CICLOS DE FP tendes que entrar  en Solicitude web de ciclos formativos: www.edu.xunta.es/ciclosadmision. Podedes solicitar ata 5 ciclos formativos e/ou centros diferentes. Seguide as seguintes orientacións:

- VIDEO DE AXUDA para realizar a solicitude web de ciclos formativos de FP: https://www.youtube.com/watch?v=SuG1kaxaiYI

- INSTRUCIÓNS SOLICITUDE WEB para admisión a ciclos:

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8205

Os alumnos inscritos na proba de acceso podedes facer a vosa solicitude poñendo de enderezo electrónico, a vosa conta que remata en “edu.xunta.es”.

- Tes información sobre FP DUAL en:

http://www.edu.xunta.gal/fp/formacion-profesional-dual-en-galicia

 

Se queredes máis información poñeron en contacto con Elena: elena@ieson.gal

ORIENTACIÓNS PARA ELIXIR MATERIAS EN 3º DE ESO

26/05/2020 00:05

1º.- Tes que elixir entre Matemáticas aplicadas ou Matemáticas académicas. Os contidos que se imparten son os mesmos pero nas aplicadas vanse a estudar dunha forma máis básica e práctica. Nesa elección, debes ter en conta, se tes dificultades na área de Matemáticas e o que vas facer ao rematar 4º de ESO:

- Se pensas facer un ciclo formativo de formación profesional (fp) de grao medio (CM)  e tes dificultades nas matemáticas, entón  colle as Matemáticas aplicadas.

- Se pensas facer un ciclo formativo de formación profesional (fp) de grao medio (CM) e NON tes dificultades nas matemáticas, entón podes coller as Matemáticas académicas. Desta maneira,  se cambias de idea e  fas  o Bacharelato,  non terás problemas de base na materia de Matemáticas.

-  Se pensas facer o Bacharelato entón colle as  Matemáticas académicas. 

- Se non sabes  se vas cursar un CM ou o Bacharelato, entón colle as Matemáticas aplicadas.

- Se continúas tendo dúbidas pídelle axuda ao teu profesor de Matemáticas ou  contacta con Orientación (Elena) ou Xefatura de Estudos (Pepe).

 

2º.- Na primeira lingua estranxeira que ter que marcar é inglés porque é o idioma que cursaches como primeira lingua ata agora.

 

3º- Tes que decidir entre valores éticos ou relixión.

En valores éticos vas estudar o respecto á Declaración Universal dos Dereitos Humanos na vida social e política, na Constitución Española e no Estatuto de Autonomía. Os bloques temáticos a traballar son: a comprensión, respecto e igualdade nas relacións interpersoais, a dignidade da persoa, a xustiza e a política, a reflexión ética, etc.

 

4º.- A segunda lingua estranxeira é o francés. Tes que decidir entre Francés ou Cultura clásica, que se oferta en 3º e en 4º como optativa. Se cursas en 3º  Cultura clásica entón en 4º xa non a podes volver a cursar. Podes comprobalo no sobre de matrícula de 4º de ESO. 

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesportoson/system/files/MATR%C3%8DCULA%204%C2%BA%20ESO%202020.pdf

Se estiveches exento de francés en 1º e/ou en 2º de ESO, tes que coller obrigatoriamente Cultura clásica.

En cultura clásica vas estudar as raíces culturais de Grecia e Roma e a súa influencia na nosa cultura occidental nos ámbitos literario, artístico, mitolóxico, científico, sociopolítico, filosófico e lingüístico. Ademais coñecerás como o noso patrimonio cultural está relacionado coas civilizacións gregas e latina.

 

5º.- Bioloxía e xeoloxía bilingüe ou Bioloxía e xeoloxía. A diferenza entre estas materias esta en que na bilingüe os contidos impártense en inglés apoiándose do galego ou castelán. Para cursar a bilingüe non debes ter dificultades no inglés e polo menos deberas ter na nota final un 6. Os contidos son os mesmos nas dúas materias.

Se queres ter máis información contacta con Elena (elena@ieson.gal) ou con Pepe (pepe.lijo@ieson.gal).

O impreso de prematrícula despois de cubrila telemáticamente, tes que reenviala ao Instituto, segundo indica  en cada paso. Se non eres capaz, garda o impreso e o envías nun arquivo adxunto ao enderezo: ieson@ ieson.gal.

 

Moitas grazas pola túa atención.

 

Plan de acreditación da experiencia profesional

13/01/2020
07/02/2020

Enlace á web: http://www.edu.xunta.es/fp/plan-acreditacion-experiencia-profesional

Convocatoria Mellora o teu futuro profesional do 13 de xaneiro ao 07 de febreiro

Pon en valor a túa experiencia laboral

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional puxo en funcionamento o procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento do traballo ou por outras vías non formais de aprendizaxe.

Esta acreditación busca pór en valor a experiencia laboral das galegas e dos galegos.

Queremos recoñecer os saberes adquiridos ao longo da vida co fin de facilitar a mellora no mercado laboral e a progresión persoal e profesional.

 

Acredita toda unha vida de traballo

Obterás unha acreditación oficial, con validez en todo o Estado, e un plan de formación á túa medida.

 

Acredítate!!

Folleto informativo. Convocatoria 2020

Solicitude fondo libros e axuda material escolar

20/05/2020
19/06/2020

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

 

PARA EVITAR MANEXO DE PAPEIS E CONTACTO PERSOAL USEN PREFERIBLEMENTE OS MEDIOS INFORMÁTICOS QUE ABAIXO SE INDICAN. 

Para cubrir por medios informáticos ir aquí. É necesario ter a chave 365, ou certificado dixital

poden acceder desde>>>>

 

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 ou

directamente en https://sede.xunta.gal/portada co código ED330B  

enlace>>>> https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2020&numpub=1&lang=gl

 

NOTA INFORMATIVA

 

A causa do estado de desescalada, manterán en todo momento a distancia de seguridade de 2 metros e accederán con mascariña ao IES.

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNADO MATRICULADO NA ESO NO CURSO ESCOLAR 2019/2020

 

Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)

Instrucións

 

  • Alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.
  • Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. A solicitude será única para todos os fillos. Debe presentala no centro no que está matriculado no 2019-2020.
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes. Recoller o impreso en conserxería. OU PODEN DESCARGALO AQUÍ, CUMPLIMENTALO NO ORDENADOR CO PROGRAMA ADOBE READER E ENTREGAR NO IES, XUNTO COA DOCUMENTACIÓN.
  • A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.
  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 20/05/2020 e rematará o día 19 de xuño de 2020 (este incluído).
  • Documentación a achegar ás solicitudes: As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude: anexo I e II) a seguinte documentación:
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2018, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios.  
  • De ser o caso, faría falta:
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
  • Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

 

 

 

Obrigas das persoas beneficiarias:

 

1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2019/20 (....) A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21.

2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2020/21 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.

3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.

4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

26/10/2018
26/11/2018

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

Como cada dous anos renóvase o Consello Escolar, seguindo as instruccións derivadas da RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018.

Temos que renovar as seguintes vacantes, que xunto co director e o xefe de estudos, suman os 18 membros do Consello Escolar:

  • 1 nai/pai/titor-a legal
  • 2 membros do alumnado
  • 4 membros do profesorado
  • (ANPA e Concello escollerán aos seus propios representantes)

Aportamos aquí o calendario aprobado pola Xunta Electoral escollida por sorteo o día 18/10/2018.

Nos adxuntos a esta comunicación poden baixar os modelos de impreso para presentar as súas candidaturas (do día 29/10 ao día 07/11/2018), o calendario do proceso e as competencias propias do Consello Escolar.

Grazas pola súa participación.

PROCESO ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR

Tendo en conta o Decreto 92/1988, do 28 de abril modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e a resolución do RESOLUCIÓN  do 25 de setembro de 2018, (DOG do Luns, 8 de outubro de 2018 ) pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros do Consello Escolar:

DATAS

ACTUACIÓNS

18 OUTUBRO 2018

● Sorteo público, ás 11,30 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral.

●   Segundo o resultado anterior, envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral

25 OUTUBRO 2018

Primeira reunión da Xunta Electoral:

▪ Acto da súa constitución

▪ Aprobación do calendario de actuacións.

▪ Publicación nos taboleiros de anuncios:

        a) Das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos.

        b) Dos correspondentes censos electorais.

▪ Escrito ao Concello e a ANPA solicitando a designación dos seus representantes.

Do 29/10 ao 7/11  2018

● Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores na Secretaría do Centro.

8-Novembro

(XOVES) 2018

●   Envío de convocatoria para a celebración da segunda reunión da Xunta Electoral

 

14-Novembro, 10:00

(LUNS) 2018

●    Segunda reunión da Xunta Electoral:

▪ Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.

▪ Aprobación dos censos electorais e de modelo de papeletas, sobres...

▪ Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.

19-Novembro

(LUNS) 2018

●    Comezo das distintas campañas electorais. 19/11 - 23/11/2018

●   Envío de:

▪   Citacións para a constitución das distintas mesas electorais.

▪   Convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral

●    Reunión de Claustro de Profesores (Lectura de normas, Relación de candidaturas, Acordo de convocatoria de Claustro extraordinario para o día 23.

26-Novembro

(Luns) 2018

Eleccións

▪ Profesorado. Pola mañá de 10 a 12:20

▪ Alumnado. Pola mañá nas clases.

▪ Pais/Nais. Pola tarde a partir das 18:00 horas ata as 21:00 horas

▪ P.A.S.: Pola mañá 11:00 a 12:00

27-Novembro

(Mércores) 2018

   Terceira e última reunión da Xunta Electoral:

▪ Proclamación e publicación de candidatos electos.

▪ Traslado  das actas das mesas electorais ao titular da delegación provincial.

●    Envío de convocatoria de reunión para a constitución do novo Consello Escolar.  (Artigo 52 do Decreto 92/1988, DOG do 29 de abril)

29-Decembro

(Xoves) 2018

   Celebración de reunión do novo Consello Escolar:

▪ Constitución do Consello..

▪ Designación dos membros que van a constituír a Comisión Económica.

▪ Constitución do Observatorio da Convivencia Escolar.

Antes do 20 de decembro 2018

● Envío ao xefe territorial do formulario que se publica como anexo I e anexo II da RESOLUCIÓN  do 25 de setembro de 2018

IES de Porto do Son a 17/09/2018

 

Caderno de benvida ao alumnado de 1ªESO

15/08/2018
21/09/2018


Hoxe 28/05/2018; 18,15 recibimos as nais e pais do alumnado do curso 2018-2019

Podedes consultar aquí (neste enlace, ou no arquivo adxunto) o caderno coas informacións básicas do IES.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior.

07/02/2018

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. 

Borrador da Orde de convocatoria 2018.

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos

CALENDARIO

MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut