Skip to Content

Orientación

Admisión do alumnado para o curso 2018/2019

20/06/2018

Solicitude de admisión

 

Próxima apertura

(aberto do 1 ao 20 de Marzo)

 

enlace>>>> https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato para o curso académico 2018/2019.

 

O IES de Porto do Son presenta aquí información facilitada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que fai referencia aos procedementos de admisión e matrícula nos centros docentes sustentados con fondos públicos da comunidade autónoma de Galicia para os seguintes niveis educativos: 2º ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos), Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.

Calendario do procedemento de admisión e matrícula para o curso escolar 2018/19

Para o curso escolar 2018/19 os prazos previstos nesta orde para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado, son os seguintes:

Reserva de praza no centro de orixe 01 - 15 de febreiro

Sorteo público a efectos de desempate Última semana de febreiro e antes do 1 de marzo

Publicación de postos escolares vacantes Antes do 1 de marzo

Presentación de solicitudes de admisión 01 - 20 de marzo

Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo

10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

 

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas Antes do 25 de abril

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria 20 - 30 de xuño

Formalización da matrícula en ESO e bacharelato 25 de xuño - 10 de xullo

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato 1 - 10 de setembro

"OS BOSQUES DE GALICIA" CON ANTONIO RIGUEIRO NO PROGRAMA A PONTE

27/01/2018

Este xoves,  o profesor Antonio Riguero Rodríguez, do departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior  do Campus de Lugo, impartiu para o alumnado de 1º de Bacharelato e do Ciclo a charla Bosques de Galicia. A actividade enmárcase nas charlas do programa A Ponte, que pretende achegar o ámbito universitario ao alumnado dos institutos, e no Plan de Acción Titorial do centro.

 

Riguero explicou a clasificación das árbores en artificiais e naturais. As artificiais son as plantadas polo home (soutos, piñeirais, eucaliptais.. ). As que medran de seu na natureza son naturais. Entre estas últimas distinguiu as de folla caduca (carballeiras, tipos de carballos, bidueirais, faias, ameneirais…) e as de folla perenne ou sempre verdes (aciñeirais, sobrados, louredos, acevedas…). Contou tamén das especies ameazadas polas pragas e, como non, dos estragos do lume.

Unha charla ben interesante! Seguimos na intención de concienciar o alumnado na respecto da natureza.

 

ADICCIÓNS E DROGODEPENDENCIA COA ASOCIACIÓN RENACER

11/01/2018

Esta semana os alumnos de1º, 2º e 3º de ESO, dentro do Plan de Acción Titorial planificado polo departamento de Orientación, participaron nunhas charlas sobre adiccóns e drogodependencias, impartidas pola Asociación Antidroga Renacer de Ribeira. A temática tratada cos alumnos e alumnas de 1º xirou en torno ás Novas Tecnoloxías, incidindo no seu uso responsable en todos os ámbito. En 2º, desenvolveuse o tema de Tabaco, alcohol e cannabis así como as habilidades para a vida orientando o alumnado de cara a non ceder á presión do grupo e saber dicir "non" ante o consumo destas substancias.

Co alumnado de 4º de ESO, tratouse O uso e o abuso das drogas, expoñendo as diferenzas entre estas dúas accións. Definiuse o que é unha droga, falouse da súa clasificación e dos estados no seu consumo: tolerancia, dependencia e abstinencia. Para apoiar as explicacións mostráronse dous vídeos, entre eles a curta de animación "Nuggets”, que trata o tema do proceso aditivo dunha maneira especial e que gustou moito ao alumnado. Tamén houbo tempo para coñecer as partes nas que se divide o noso cerebro e como reaccionan ante o consumo de diferentes tipos de drogas, así como para falar sobre as adicións sen substancias (como poden ser as apostas).

 

FOLLETO INFORMATIVO DE COMEZO DO CURSO

16/10/2017 14:04

FOLLETO INFORMATIVO

DE COMEZO DE CURSO

 

Información para nais e pais sobre:

Estrutura orgánica do IES.

Normas xerais de convivencia.

Asociacións e representación de pais e alumnos.

Claustro de profesores.

Representantes do Consello Escolar.

Actividades que se realizan no IES.

Horario académico do centro.

Horario de visitas e oficina.

Plan de estudos: ESO

Plan de estudos: Bacharelato.

Formación profesional: Ciclo.

Calendario de avaliacións.

 

 

Guías de orientación académica e laboral. Arquivos en formato pdf.

11/05/2017

Imprescindibles como fonte de información.

 

Arquivos pdf, organizados polo

 

CEMIX do Concello da Coruña. https://goo.gl/iz8p4w 

No Cartafol Dixital  (link) 

aparecen todos os documentos que temos no Posto das Xornadas no CUR:

  • Titulacións Universitarias en Galicia
  • Notas de corte
  • Información da Proba ABAU e calendario
  • Parámetros de ponderación
  • Acceso á universidade co título de Técnico Superior
  • Información Aloxamentos das universidades do SUG
  • Webs das universidades públicas e privadas de todo o estado.
  • Webs de aloxamentos das universidades do resto do estado.
  • Centros de FP na Coruña.
  • Ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño.
  • Estudos Superiores de Deseño
  • Webs de Bolsas e Axudas

Lembra tamén consultar a Guía Ti Elixes  (link) que consta de dous documentos: un directorio de fontes de información sobre emprego e educación cos recursos máis salientables nestes dous ámbitos, e unha selección das bolsas convocadas nestes dous últimos anos.

Distribuir contido


by Dr. Radut