Skip to Content

3º ESO. Roteiro a Fontandurín

Un roteiro pola economía, o patrimonio e a ecoloxía

CAMIÑO A FONTANDURÍN. REFORESTACIÓN E PATRIMONIO NOS MONTES DE BAROÑA

03/06/2018

Fora unha das actividades da Semana Cultural. Botamos a andar o que será o xérmolo dun novo proxecto relacionado cos roteiros do IES e que, con vontade de facelo medrar, desenvolveremos no curso que vén, adicado á sustentabilidade. 

Fontandurín é un dos lugares do monte de Baroña, un lugar que ben puidera pertencer á Selva de Esmelle de Cunqueiro pola carga evocadora do seu topónimo. Aí estamos, en reforestar co alumnado  este alto do monte no que paisaxe, patrimonio, historia e futuro van da man. Ler o horizonte, ler os petróglifos, ler a terra, ler os muíños, as capelas... E dende este ler, aprender o valor de que a "Selva de Fontandurín" poida ser parte do noso alumnado. Ir vendo medrar as árbores plantadas, árbores de noso: carballos, sobreiras, bidueiros... Espantar os lumes que han de vir. Contribuír a sandar a Terra.

Grazas a Ovidio, aos membros da Comunidade de Montes de Baroña e a Manuel Mariño del Río por acompañarnos con entusiasmo nesta actividade! Estamos a asentar a Comunidade Educativa de Porto do Son!

 

Reforestación e Patrimonio nos montes de Baroña

24/04/2018

O tempo deunos unha tregua e puidemos levar a cabo esta actividade aprazada pola choiva da Semana Cultural. Alumnos e as de 1º ESO da asignatura de Paisaxe, xunto cos alumnos/as de 3º ESO e o alumnado do CICLO dentro da materia de Desprazamento, estadía e seguridade no medio terrestre, plantamos ameneiros, bidueiros, castaños...,visitamos os muíños e a capela de San Tomé, xunto cos petróglifos da Gurita e os arrededores.

Actividade organizada coa Comunidade de Montes de Baroña, transmitíndonos tradición, respecto e responsabilidade polo patrimonio e polo medio ambiente.

              

Distribuir contido


by Dr. Radut