Skip to Content

3º Curso

MUNCYT DOMUS CORUÑA

17/01/2024 11:37

O alumnado de 3º ESO realizou unha saída á cidade da Coruña para visitar os museos de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) e a Domus: casa do home.

 

MUNCYT DOMUS CORUÑA

17/01/2024 11:30

O alumnado de 3º ESO realizou unha saída á cidade da Coruña para visitar os museos de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) e a Domus: casa do home.

No Muncyt fixeron un obradoiro sobre química estudando o pH de diferentes substancias e coñeceron algúns dos inventos de investigadores e investigadoras españolas, tamén puideron observar de cerca as características dos boeing 747. Na Domus interactuaron con diferentes actividades sobre o corpo humano.

Para ver máis fotos pulsar AQUÍ.

 

LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS ADEGA

06/10/2023 15:53

O día 6 de outubro o alumnado de 3º da ESO participou na “Limpeza simultánea de praias” organizada pola asociación ecoloxista ADEGA.

 

Trátase dunha actividade de concienciación ambiental e reivindicativa, onde se pon o foco no modelo de consumo, xa que non só é importante o tratamento axeitado do lixo para que non acabe nos océanos, se non, un cambio de modelo onde se produzca menos para vivir mellor.

 

 

EXCURSIÓN A PENA AVENTURA

06/05/2019

A semana pasada o alumnado de 3º de ESO viviu dous días de aventura no medio natural, actividade física e convivencia en Pena Aventura Park. Explorar a natureza, relaxarse e divertirse... e, ao tempo, practicar o portugués. A actividade foi organizada polo departamento de Educación Física. Non hai máis que ver esta foto para ver que ben o pasaron!!

 

 

 

INFORMACIÓN NTERCAMBIO A FRANCIA

REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O INTERCAMBIO A QUIMPER (BRETAÑA) CELEBRADA NO IES PORTO DO SON O MARTES 30 DE OUTUBRO DE 2018



  1. VIABILIDADE DO INTERCAMBIO

  2. CUSTO DA VIAXE

  3. OUTRAS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA 3 º ESO

  4. DATAS DA VIAXE

 

VIABILIDADE DO INTERCAMBIO

 

As profesoras do Departamento de Francés, estamos a valorar a posibilidade dun intercambio cos alumnos do LYCÉE AUGUSTE BRIZEUX, Quimper.

Son 25 alumnos franceses interesados en participar no intercambio, polo tanto teríamos que ceñirnos o número fixado polos docentes franceses.

 

    CUSTO DA VIAXE

 

Aínda non podemos definir unha cantidade, dependerá do custo dos billetes de avión para o desprazamento ata Bretaña.

No caso de levarse ao cabo, proporanse actividades para abaratar o custo da mesma.

 

    OUTRAS ACTIVIDADES DE VARIOS DÍAS

 

Recalcamos as diferentes opcións para o alumnado de 3 º da ESO, para que teñan coñecemento de tódalas actividades antes de tomar unha decisión definitiva.

Departamento de Francés: Intercambio a Quimper

Departamento de Educación Física: Pena Aventura

Departamento de Xeografía e Historia e Lingua : Proxecto Terra, Melgaço (abril/maio)

Alumnado bilingüe: Campamento de inmersión lingüística en Peares

 

    DATAS DO INTERCAMBIO

 

O intercambio tería lugar no ano 2019. Os alumnos franceses virían na primavera mentres o alumnado galego iría a Francia en setembro/outubro do 2019.

En principio, estamos valorando a posibilidade de quedar unha semana completa porque consideramos que na fin de semana a experiencia e a interacción coa familia é moi enriquecedora.

O alumnado galego iría a Quimper, Francia a principios do curso escolar 2019-2020.

Distribuir contido


by Dr. Radut