Skip to Content

Francés

VIAXE A PARÍS

22/03/2024 00:13

 

VIAXE A PARÍS

19/03/2024 21:50

Do 16 ao 19 de marzo, o alumnado de francés de 3º de ESO realizou unha viaxe cultural a París.

Ademais das visitas ineludibles: a Tour Eiffel, o Arco de Triunfo, a catedral de Notre Dame,... o alumnado disfrutou dun percorrido en barco polo Sena, dunha visita guiada no museo do Louvre para descubrir algunhas das obras principais e dunha experiencia multisensorial no museo da Ilusión.

Unha viaxe curta pero moi intensa en descubrimentos e emocións...

Máis fotos AQUÍ

 

CELEBRACIÓN DA CANDELOIRA

03/02/2024 09:22

Para achegar o alumnado de francés ás costumes socioculturais francófonas, o departamento de francés organizou uns talleres de elaboración de CRÊPES para celebrar a Candeloira.

Así, durante as horas de clase de francés arredor do 2 de febreiro, o alumnado preparou o moado, fixo e degustou as típicas crêpes doces recheas do que máis lles gusta: nocilla, nutella, doce de leite,...

 

Viaxe cultural a Madrid Monet

14/01/2024 17:59

As alumnas de francés de 1º de Bacharelato viaxaron a Madrid os días 11, 12 e 13 de xaneiro para ver a exposición de Monet e a exposición permanente Thyssen Bornemisza , visitar o Institut Français de Madrid onde puideron degustar pratos franceses, asistir ao musical Mamma Mía e por suposto visitar a cidade.

 

 

 

 

VIAXE DE INTERCAMBIO A FRANCIA

02/10/2019

Os alumnos de francés de 4ºESO e 1ºBacharelato están desde o día 30 de setembro en Francia realizando a segunda parte do intercambio que comezou o curso pasado. Daquela visitáronnos os alumnos dun centro de estudos de Quimper, na Bretaña francesa. Desta volta, o noso alumnado coñeceu a cidade de París e agora xa se instalaron coas familias en Quimper. A experiencia está resultando moi gratificante.

INTERCAMBIO DE FRANCÉS. ACOLLIDA DO ALUMNADO DE QUIMPER

30/05/2019

Chegaron o xoves pasado, despois de 24 horas en autobús!!! Hoxe marchan estes 25 mozos e mozas de Quimper, coas súas profesoras Sandrine e Caroline.

Para o noso alumnado foi unha magnífica experiencia tanto a nivel cultural como humano. Sempre o é. Abrirse a novas culturas e mellorar a competencia no idioma. Eles, o castelán, nós o francés. 

O programa foi intenso. Houbo excursións, roteiros, praia... Fixéronse xa amizades!

Pois iso, foi un pracer coñecervos! Vémonos a finais de setembro na Bretaña! Boa viaxe de volta!

Grazas ao departamento de Francés por organizar a actividadeSorriso

 

CRÊPES NAS CLASES DE FRANCÉS

07/02/2018

O alumnado de Francés de 1º de ESO, celebrou a Chandeleur (a Candelaria) ou fête des Chandelles cociñando crêpes coas súas profesoras! Souberon desta tradición dun xeito ben divertido!

 

 

 

 

 

Contidos Mínimos

1ºESO

Contidos mínimos e avaliación (criterios, instrumentos e recuperación das partes suspensas).

Teranse en conta os seguintes apartados:

I- Habilidades comunicativas.

  • Escoitar e ler atentamente textos para captar informacións xerais ou avaliar datos requeridos.

  • Desenvolver a expresión escrita expandindo e ampliando as frases ou parágrafos proporcionados e engadindo información de maneira personalizada.

  • Interactuar de forma controlada, baseándose en indicacións proporcionadas sobre a linguaxe a utilizar e a mensaxe a transmitir.

  • Ler libros sinxelos, demostrando a comprensión por medio dunha tarefa específica.

II- Reflexión sobre á lingua.

  • Identificar algo ou alguén., presentarse, saudar e despedirse. Dar as gracias.

  • Describir algo ou alguén.

  • Expresar os gustos e os estados de ánimo.

  • Comprender, pedir e dar información persoal.

  • Compender, pedir e dar información sobre a posesión (un só poseedor).

  • Comprender, pedir e dar información sobre o clima.

  • Indicar a onde se vai.

  • Pedir e dar a hora.

  • Presente do verbo être e avoir, aller e faire, dos verbos en -er, dos verbos pronominais en -er.

  • Dar ordes: o imperativo dos verbos en -er.(segunda persoa de singular e plural)

  • Numerais 1-1000

  • Adxectivos cualificativos (feminino/ masculino).

  • Determinantes definidos e indefinidos.

  • A negación ne...pas.

  • Preposicións e adverbios de lugar.

  • Uso de on=nous.

  • Fórmulas de cortesía: tu-> vous.

  • Determinantes contractos (à+ definidos)

  • Vocabulario “transparente”: palabras de orixe francés usadas en galego ou castelán.

  • Vocabulario da escola.

  • Os días da semana,os meses, as estacións e a data.

  • A familia

  • As partes do corpo.

  • As cores.

  • Os momentos do día e as comidas

  • Os animais.

III- Actitude e esforzo persoal

En cada unha das avalacións tamén se terán en conta os seguintes aspectos:

Na clase:

  • Puntualidade.

  • Participación activa na clase.

  • Bo comportamento.

  • Uso do francés na aula.

  • Prestar atención e non interrumpir cando o profesor ou compañeiros estean a falar.

  • Presentar unha libreta ordeada, cuidada e ó día.

  • Saír voluntario para facer ou correxir exercicios.

  • Ter sempre o material de francés.

Na casa:

  • Facer sempre as tarefas.

AVALIACIÓN ORDINARIA.

En cada avaliación faranse diversas probas escritas gramaticais e de vocabulario, probas de comprensión e expresión oral, probas de compresión e expresión escrita, relacionadas cos diversos contidos.

Faranse tamén ocasionalmente traballos individuais ou de grupo e valorarase o traballo feito no caderno de exercicios e no caderno propio.

Sistemas de cualificación

Cada proba constará dunha cantidade de puntos. O alumno terá que ter un mínimo do 50% dos puntos para acadar o aprobado.

Para a avaliación ordinaria de xuño, cada un dos apartados explicitados nos contidos mínimos aportará un tanto por cento da nota en cada unha das avaliacións:

  • Apartado 1. Habilidades comunicativas: 40%. (comprensión escrita: 10%, comprensión oral: 10%, expresión oral: 20%)

  • Apartado 2.Reflexións sobre á lingua: 50%.

  • Apartado 3. Actitude e esforzo persoal na práctica diaria: 10%.

AVALIACIÓN DE SETEMBRO

Para a avaliación ordinaria de setembro, teranse só en conta os contidos mínimos do apartado 2: Reflexións sobre á lingua , polo que representará o 100% da nota.

Só haberá unha proba escrita na que o alumno deberá acadar o 50% dos puntos totais para ter o aprobado.

 

RECUPERACIÓN DAS PARTES PENDENTES.

É importante recordar que a lingua estranxeira é unha asignatura de contido progresivo, co cal en cada trimestre vaise avaliar todo o dado nos trimestres anteriores. Esto implica que se vai recuperar cada avaliación aprobando a seguinte. A última avaliación vai ser a decisiva, aínda que tamén se van ter en conta a primeira e a segunda.

PERDA DO DEREITO A AVALIACIÓN CONTINUA.

Aqueles alumnos que perdan o dereito a avaliación continua deberán facer en Xuño un só exame que terá as seguintes partes: gramática, vocabulario, comprensión escrita e expresión escrita. A gramática, o vocabulario e a expresión escrita valerán 9 puntos e a comprensión escrita valerá 1 punto.

Os contidos mínimos van ser os mesmos de primeiro da ESO.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2ºESO

Contidos mínimos e avaliación (criterios, instrumentos e recuperación das partes suspensas).

Teranse en conta tres apartados:

I- Habilidades comunicativas.

  • Escoitar e ler atentamente textos para captar o sentido global dos mesmos e extraer informacións detalladas requeridas.

  • Usar modelos de textos tanto orais como escritos para producir textos persoalizados.

  • Interactuar con interlocutores de forma controlada, semicontrolada ou libre.

  • Ler libros sinxelos, demostrando a comprensión por medio dunha tarefa específica.

II- Reflexións sobre á lingua.

  • A comunicación na aula.

  • Situar e describir un lugar.As preposicións de lugar.

  • Localización de lugares nunha cidade.

  • Saber comprar, escoller, expresar unha necesidade, preguntar o prezo,....

  • Aceptar ou rexeitar unha invitación.

  • Presente dos verbos être, avoir e os verbos en -er(repaso)

  • Uso dos verbos: jouer de+instrumentos musicais

faire de+actividades de lecer

  • Expresión da obriga: Il faut+ infinitivo/devoir/imperativo.

  • Indicar unha acción inmediata: futur proche.

  • O presente dos verbos mettre, venir, prendre, acheter, vouloir, pouvoir.

  • O passé composé con avoir e être.

  • O passé composé dos verbos pronominais.

  • Os participios pasados regulares e irregulares.

  • A negación nos tempos compostos.

  • Adverbios e locucións adverbiais de tempo.

  • Os determinantes indefinidos e a negación

  • Os determinantes contractos (de+definidos)

  • Os determinantes posesivos.

  • Os cardinais e os ordinais

  • Os determinantes demostrativos.

  • Os pronomes persoais C.O.D.

  • O partitif afirmativo e negativo.

  • As cantidades.

  • Vocabulario da casa e do mobiliario.

  • Vocabulario de lecer.

  • Vocabulario da roupa.

  • Vocabulario da cidade

  • Vocabulario dos alimentos, dos comerciantes et dos comercios.

  • As horas(repaso).

  • Vocabulario dos ingredientes. A restauración.

III- Actitude e esforzo persoal.

En cada unha das avalacións tamén se terán en conta os seguintes aspectos:

Na clase:

  • Puntualidade.

  • Participación activa na clase.

  • Bo comportamento.

  • Uso do francés na aula.

  • Prestar atención e non interrumpir cando o profesor ou compañeiros estean a falar.

  • Presentar unha libreta ordeada, cuidada e ó día.

  • Saír voluntario para facer ou correxir exercicios.

  • Ter sempre o material de francés.

Na casa:

  • Facer sempre as tarefas.

AVALIACIÓN ORDINARIA.

En cada avaliación faranse diversas probas escritas gramaticais e de vocabulario, probas de comprensión e expresión oral, probas de compresión e expresión escrita, relacionadas cos diversos contidos.

Faranse tamén ocasionalmente traballos individuais ou de grupo e valorarase o traballo feito no caderno de exercicios e no caderno propio.

Sistemas de cualificación

Cada proba constará dunha cantidade de puntos. O alumno terá que ter un mínimo do 50% dos puntos para acadar o aprobado.

Para a avaliación ordinaria de xuño, cada un dos apartados explicitados nos contidos mínimos aportará un tanto por cento da nota en cada unha das avaliacións:

  • Apartado 1. Habilidades comunicativas: 40%. (comprensión escrita: 10%, comprensión oral: 10%, expresión oral: 20%)

  • Apartado 2.Reflexións sobre á lingua: 50%.

  • Apartado 3. Actitude e esforzo persoal na práctica diaria: 10%.

AVALIACIÓN DE SETEMBRO

Para a avaliación ordinaria de setembro, teranse só en conta os contidos mínimos do apartado 2: Reflexións sobre á lingua , polo que representará o 100% da nota.

Só haberá unha proba escrita na que o alumno deberá acadar o 50% dos puntos totais para ter o aprobado.

 

RECUPERACIÓN DAS PARTES PENDENTES.

É importante recordar que a lingua estranxeira é unha asignatura de contido progresivo, co cal en cada trimestre vaise avaliar todo o dado nos trimestres anteriores. Esto implica que se vai recuperar cada avaliación aprobando a seguinte. A última avaliación vai ser a decisiva, aínda que tamén se van ter en conta a primeira e a segunda.

 

PERDA DO DEREITO A AVALIACIÓN CONTINUA.

Aqueles alumnos que perdan o dereito a avaliación continua deberán facer en Xuño un só exame que terá as seguintes partes: gramática, vocabulario, comprensión escrita e expresión escrita. A gramática, o vocabulario e a expresión escrita valerán 9 puntos e a comprensión escrita valerá 1 punto.

Os contidos mínimos van ser os mesmos de segundo da ESO.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3ºESO

 

Contidos mínimos e avaliación (criterios, instrumentos e recuperación das partes suspensas).

Teranse en conta tres apartados:

I- Habilidades comunicativas.

  • Comprensión de ideas principias e secundarias en textos orais e escritos.

  • Producción de textos orais e escritos desenvolvendo estratexias que axuden a comunicar con éxito: pausas, signos de puntuación,...

  • Ler individualmente libros sinxelos utilizando o diccionario con eficacia e demostrando a comprensión por medio dunha tarefa específica.

II- Reflexións sobres á lingua.

  • Pedir información: As formas da interrogación.

  • Expresar estados de ánimo, as cualidades e os defectos.

  • Describir hábitos pasados

  • Expresar unha opinión persoal, os gustos e as preferencias.

  • A obriga: il faut+inf / devoir+inf.

  • Repaso exhaustivo do presente.

  • O futuro simple e o futuro inmediato. Empleo do futuro con quand.

  • Adverbios de tempo (futuro).

  • O passé composé con avoir, être. A forma negativa. A concordancia.

  • O imparfait.

  • Os momentos da accción: passé récent, futur proche, présent progressif.

  • O estilo directo e indirecto.

  • Os pronomes persoais C.O.I.

  • Os pronomes relativos qui, que e où.

  • Os pronomes tónicos e o pronome complemento de lugar « y ».

  • Os adverbios de cantidade e de modo.

  • A negación: ne...pas, ne...plus, ne...jamais, etc.

  • Os adxectivos cualificativos (masculino e feminino).

  • O comparativo e o superlativo.

  • Repaso: vocabulario de clase, o corpo, os números cardinais e ordinais.

  • Vocabulario dos rasgos do carácter.

  • As actividades e as tareas cotiás. Os xogos, os deportes e a música.

  • As conversacións telefónicas.

  • Vocabulario da familia.

  • As festas e as tradicións.

  • Os alimentos e as recetas.

  • O vecindario, a casa e a cidade.

III- Actidude e esforzó persoal.

En cada unha das avalacións tamén se terán en conta os seguintes aspectos:

Na clase:

  • Puntualidade.

  • Participación activa na clase.

  • Bo comportamento.

  • Uso do francés na aula.

  • Prestar atención e non interrumpir cando o profesor ou compañeiros estean a falar.

  • Presentar unha libreta ordeada, cuidada e ó día.

  • Saír voluntario para facer ou correxir exercicios.

  • Ter sempre o material de francés.

Na casa:

  • Facer sempre as tarefas.

AVALIACIÓN ORDINARIA

Instrumentos de avaliación

En cada avaliación faranse diversas probas escritas gramaticais e de vocabulario, probas de comprensión e expresión oral, probas de compresión e expresión escrita, relacionadas cos diversos contidos.

Faranse tamén ocasionalmente traballos individuais ou de grupo e probas de lectura de libros sinxelos.

Sistemas de cualificación

Cada proba constará dunha cantidade de puntos. O alumno terá que ter un mínimo do 50% dos puntos para acadar o aprobado.

Para a avaliación ordinaria de xuño, cada un dos apartados explicitados nos contidos mínimos aportará un tanto por cento da nota en cada unha das avaliacións:

  • Apartado 1. Habilidades comunicativas: 40 %. (comprensión escrita: 10%, expresión escrita: 10%, comprensión oral:10%, expresión oral: 10%)

  • Apartado 2.Reflexións sobre á lingua.: 50%.

  • Apartado3. Actitude e esforzo persoal: 10%

AVALIACIÓN DE SETEMBRO

Para a avaliación ordinaria de setembro, teranse só en conta os contidos mínimos do apartado 2: Reflexións sobre á lingua , polo que representará o 100% da nota.

Só haberá unha proba escrita na que o alumno deberá acadar o 50% dos puntos totais para ter o aprobado.

 

RECUPERACIÓN DAS PARTES PENDENTES.

É importante recordar que a lingua estranxeira é unha asignatura de contido progresivo, co cal en cada trimestre vaise avaliar todo o dado nos trimestres anteriores. Esto implica que se vai recuperar cada avaliación aprobando a seguinte. A última avaliación vai ser a decisiva, aínda que tamén se van ter en conta a primeira e a segunda.

 

PERDA DO DEREITO A AVALIACIÓN CONTINUA.

Aqueles alumnos que perdan o dereito a avaliación continua deberán facer en Xuño un só exame que terá as seguintes partes: gramática, vocabulario, comprensión escrita e expresión escrita. A gramática, o vocabulario e a expresión escrita valerán 9 puntos e a comprensión escrita valerá 1 punto.

Os contidos mínimos van ser os mesmos de terceiro da ESO.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4ºESO

Contidos mínimos e avaliación (criterios, instrumentos e recuperación das partes suspensas).

 

Teranse en conta tres apartados:

I- Habilidades comunicativas

    • Comprender a idea principal e os detalles máis relevantes de mensaxes orais curtas emitida de forma clara, breve e organizada.

  • Participar en conversas e simulacións utilizando estratexias axeitadas para iniciar, manter e terminar a comunicación, producindo un discurso comprensible e adaptado ás características da situación.

 

  • Comprender a información xeral e todos os datos relevantes de

textos escritos auténticos e adaptados, de extensión variada sobre temas traballados na aula e tamén que vehiculen aspectos socioculturais .

 

  • Redactar de forma guiada textos diversos, atendendo ao destina-

tario e ao esquema textual que corresponda á intención de comunicación

 

  • Usar as tecnoloxías da información e a comunica ción de xeito progresivamente autónomo para buscar información, producir textos a partir de modelos, enviar e recibir mensaxes de correo electrónico e para establecer relación persoais orais e escritas

 

II- Reflexións sobres á lingua.

  • Os adverbios.

  • Os COD.

  • Os comparativos.

  • A interrogación inversa.

  • Os pronomes relativos.

  • Repaso exhaustivo dos tempos do indicativo.

  • O condicional.

  • Adverbios de tempo, lugar, maneira e cantidade

  • Os conectores.

  • A obligación.

  • Oposición passé composé/imparfait

  • A expresión do tempo.

  • O adjetivo e seu lugar.

  • Os pronomes demostrativos neutros.

  • Os adjetivos indefinidos.

  • A expresión da consecuencia.

  • A expresión da conseción.

  • A combinación de dous pronombres complemento.

  • A construcción dalgúns verbos cas preposicións: “à, de”.

  • Vocabulario das paisaxes.

  • Vocabulario das tareas domésticas.

  • As emocións e os sentimentos.

  • Internet e o mundo dixital.

A personalidade e o carácter.

  • O medio natural e os animais.

  • As profesións.

III- Actidude e esforzó persoal.

En cada unha das avalacións tamén se terán en conta os seguintes aspectos:

Na clase:

  • Puntualidade.

  • Participación activa na clase.

  • Bo comportamento.

  • Uso do francés na aula.

  • Prestar atención e non interrumpir cando o profesor ou compañeiros estean a falar.

  • Presentar unha libreta ordeada, cuidada e ó día.

  • Saír voluntario para facer ou correxir exercicios.

  • Ter sempre o material de francés.

Na casa:

  • Facer sempre as tarefas.

AVALIACIÓN ORDINARIA

Instrumentos de avaliación

En cada avaliación faranse diversas probas escritas gramaticais e de vocabulario, probas de comprensión e expresión oral, probas de compresión e expresión escrita, relacionadas cos diversos contidos.

Faranse tamén ocasionalmente traballos individuais ou de grupo e probas de lectura de libros sinxelos.

Sistemas de cualificación

Cada proba constará dunha cantidade de puntos. O alumno terá que ter un mínimo do 50% dos puntos para acadar o aprobado.

Para a avaliación ordinaria de xuño, cada un dos apartados explicitados nos contidos mínimos aportará un tanto por cento da nota en cada unha das avaliacións:

  • Apartado 1. Habilidades comunicativas: 50 %. (comprensión escrita: 10%, expresión escrita: 20%, comprensión oral:10%, expresión oral: 10%)

  • Apartado 2.Reflexións sobre á lingua.: 50%.

  • Apartado3. Actitude e esforzo persoal: Terase en conta para a nota final.

AVALIACIÓN DE SETEMBRO

Para a avaliación ordinaria de setembro, teranse só en conta os contidos mínimos do apartado 2: Reflexións sobre á lingua , polo que representará o 100% da nota.

Só haberá unha proba escrita na que o alumno deberá acadar o 50% dos puntos totais para ter o aprobado.

 

 

RECUPERACIÓN DAS PARTES PENDENTES.

É importante recordar que a lingua estranxeira é unha asignatura de contido progresivo, co cal en cada trimestre vaise avaliar todo o dado nos trimestres anteriores. Esto implica que se vai recuperar cada avaliación aprobando a seguinte. A última avaliación vai ser a decisiva, aínda que tamén se van ter en conta a primeira e a segunda.

 

PERDA DO DEREITO A AVALIACIÓN CONTINUA.

Aqueles alumnos que perdan o dereito a avaliación continua deberán facer en Xuño un só exame que terá as seguintes partes: gramática, vocabulario, comprensión escrita e expresión escrita. A gramática, o vocabulario e a expresión escrita valerán 9 puntos e a comprensión escrita valerá 1 punto.

Os contidos mínimos van ser os mesmos de cuarto da ESO.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1º BACHARELATO

 

Contidos mínimos e avaliación (criterios, instrumentos e recuperación das partes suspensas).

 

Teranse en conta tres apartados:

I- Habilidades comunicativas

  • Producción de textos sobre temas tratados nas unidades.

  • Audición comprensiva de mensaxes.

  • Aprender a falar e formular preguntas sobre temas tratados nas unidades.

  • Ler individualmente libros sinxelos, utilizando o diccionario con eficacia. Ler distintos tipos de textos demostrando a comprensión por medio dunha tarefa específica.

II- Reflexións sobres á lingua.

    • Expresar queixas. Expresar a decepción.

    • Opinar.

    • Expresar as dúbidas.Tomar decisións.

    • Expresión do acordo ou do desacordo. O debate.

    • Falar da saúde.

    • Expresar a certeza.

    • Expresar sentimentos.

    • Aceptar e rexeitar unha invitación.

    • O presente, as accións en curso: être en train de.... Os verbos modais.

    • Os pronomes relativos: simples e compostos.

    • Os pronomes persoais.

    • Os pronomes en e y.

    • Os tempos do pasado: imparfait, passé composé, plus-que-parfait.

    • A concordancia dos participios pasados.

    • As expresións de tempo.

    • O estilo indirecto en presente e en pasado; a concordancia dos tempos.

    • A forma pasiva.

    • O futuro.

    • O condicional.

    • As oracións comparativas.

    • A posta en evidencia.

    • Adverbios. Locucións. Conxuncións.

    • Presentación de argumentos: d’abord, ensuite, en fin, ...

    • Os presentativos.

    • O presente de subxuntivo.

    • Os relativos compostos.

    • Os pronomes demostrativos.

    • Vocabulario do carácter e da personalidade

    • Vocabulario da cidade e das administracións.

    • Vocabulario de números, datas, horas.

    • Vocabulario das novas tecnoloxías. Internet.

    • Vocabulario do corpo e das doenzas.

    • Vocabulario das viaxes.

    • Vocabulario relacionado co diñeiro. O banco.

    • Vocabulario relacionado cos problemas sociais.

    • Vocabulario das viaxes en avión. O aeroporto.

    • Vocabulario relacionado coa música.

    • Vocabulario relacionado coas artes plásticas.

III- Actidude e esforzó persoal.

En cada unha das avalacións tamén se terán en conta os seguintes aspectos:

Na clase:

  • Puntualidade.

  • Participación activa na clase.

  • Bo comportamento.

  • Uso do francés na aula.

  • Prestar atención e non interrumpir cando o profesor ou compañeiros estean a falar.

  • Saír voluntario para facer ou correxir exercicios.

  • Ter sempre o material de francés.

Na casa:

  • Facer sempre as tarefas.

AVALIACIÓN ORDINARIA

Instrumentos de avaliación

En cada avaliación faranse diversas probas escritas gramaticais e de vocabulario, dictados sinxelos e traduccións probas de comprensión e expresión oral, probas de compresión e expresión escrita, relacionadas cos diversos contidos.

Faranse tamén ocasionalmente traballos individuais ou de grupo e probas de lectura de libros sinxelos.

Neste 1º curso de bacharelato, trátandose de alumnos de 1º idioma, farase máis fincapé na comprensión e expresión escrita e na comprensión oral, e esixiráselles unha maior corrección gramatical, e ortográfica de cara a preparalos para a selectividade..

 

Sistemas de cualificación

Cada proba constará dunha cantidade de puntos. O alumno terá que ter un mínimo do 50% dos puntos para acadar o aprobado.

Para a avaliación ordinaria de xuño, cada un dos apartados explicitados nos contidos mínimos aportará un tanto por cento da nota en cada unha das avaliacións:

  • Apartado 1. Habilidades comunicativas: 50 %. (comprensión escrita: 10%, expresión escrita: 20%, comprensión oral:10%, expresión oral: 10%)

  • Apartado 2.Reflexións sobre á lingua.: 50%.

  • Apartado3. Actitude e esforzo persoal: Terase en conta para a nota final.

AVALIACIÓN DE SETEMBRO

Para a avaliación ordinaria de setembro, teranse só en conta os contidos mínimos do apartado 2: Reflexións sobre á lingua , polo que representará o 100% da nota.

Só haberá unha proba escrita na que o alumno deberá acadar o 50% dos puntos totais para ter o aprobado.

 

RECUPERACIÓN DAS PARTES PENDENTES.

É importante recordar que a lingua estranxeira é unha asignatura de contido progresivo, co cal en cada trimestre vaise avaliar todo o dado nos trimestres anteriores. Esto implica que se vai recuperar cada avaliación aprobando a seguinte. A última avaliación vai ser a decisiva, aínda que tamén se van ter en conta a primeira e a segunda.

 

PERDA DO DEREITO A AVALIACIÓN CONTINUA.

Aqueles alumnos que perdan o dereito a avaliación continua deberán facer en Xuño un só exame que terá as seguintes partes: gramática, vocabulario, comprensión escrita e expresión escrita. A gramática, o vocabulario e a expresión escrita valerán 9 puntos e a comprensión escrita valerá 1 punto.

Os contidos mínimos van ser os mesmos de 1º de Bacharelato.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PLAN DE RECUPERACIÓN DE PENDENTES NA ESO:

 

Dado que as linguas extranxeiras son materias de contido progresivo, o seminario de francés decidiu avaliar ós alumnos de ESO con francés pendente mediante a avaliación continua. Esta avaliación levarase a cabo no curso que estea matriculado o alumno, e será feita polo profesor que lle imparte clases nese curso. Dado tamén que os libros de texto utilizados fan sempre na 1ª e na 2ª avaliación unha revisión e ampliación do curso anterior, se o alumno co francés pendente aprobase esas dúas avaliacións tería aprobado xa o francés do curso anterior.

De non ser así, ou non ter francés ese ano (alumno de 3º ou 4º da ESO), o seminario de francés fará tamén 2 probas finais de avaliación, unha a finais de Maio e outra en Setembro.

A proba escrita de Maio representará, para os alumnos que seguen cursando francés ese ano pero que non aprobaron as duas primeiras avaliacións do ano en curso, o 100% da nota.

Para os alumnos que non seguiron con francés, a proba escrita de Maio representará o 80% da nota, o 20% restantes corresponderán a uns exercicios de repaso que o alumnado deberá entregar o día do exame.

A proba de setembro representará o 100% da nota.

Os contidos mínimos esixibles para estes alumnos pendentes serán os do curso que non superaron, e que xa aparecen anteriormente na programación.

Tanto o exame de maio como o de setembro serán postos e correxidos pola Xefa de Seminario.

Os alumnos poderán consultar calquer dúbida en canto ós exercicios ou ós contidos do temario, dirixíndose a calquer profesor do departamento ó lungo do curso.

 

A principio de curso, daránselle os alumnos as directrices a seguir para poder superar a asignatura, así como os contidos a estudiar e os exercicios e deixaráselles ben clara a disponibilade do departamento para aclarar calquer dúbida. 

Distribuir contido


by Dr. Radut