ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018
Como cada dous anos renóvase o Consello Escolar, seguindo as instruccións derivadas da RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018.
Temos que renovar as seguintes vacantes, que xunto co director e o xefe de estudos, suman os 18 membros do Consello Escolar:
- 1 nai/pai/titor-a legal
- 2 membros do alumnado
- 4 membros do profesorado
- (ANPA e Concello escollerán aos seus propios representantes)
Aportamos aquí o calendario aprobado pola Xunta Electoral escollida por sorteo o día 18/10/2018.
Nos adxuntos a esta comunicación poden baixar os modelos de impreso para presentar as súas candidaturas (do día 29/10 ao día 07/11/2018), o calendario do proceso e as competencias propias do Consello Escolar.
Grazas pola súa participación.
PROCESO ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR
Tendo en conta o Decreto 92/1988, do 28 de abril modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e a resolución do RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, (DOG do Luns, 8 de outubro de 2018 ) pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros do Consello Escolar:
DATAS |
ACTUACIÓNS |
18 OUTUBRO 2018 |
● Sorteo público, ás 11,30 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral. ● Segundo o resultado anterior, envío de citacións para a constitución da Xunta Electoral |
25 OUTUBRO 2018 |
● Primeira reunión da Xunta Electoral: ▪ Acto da súa constitución ▪ Aprobación do calendario de actuacións. ▪ Publicación nos taboleiros de anuncios: a) Das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos. b) Dos correspondentes censos electorais. ▪ Escrito ao Concello e a ANPA solicitando a designación dos seus representantes. |
Do 29/10 ao 7/11 2018 |
● Prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores na Secretaría do Centro. |
8-Novembro (XOVES) 2018 |
● Envío de convocatoria para a celebración da segunda reunión da Xunta Electoral
|
14-Novembro, 10:00 (LUNS) 2018 |
● Segunda reunión da Xunta Electoral: ▪ Admisión, proclamación e publicación de candidaturas. ▪ Aprobación dos censos electorais e de modelo de papeletas, sobres... ▪ Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais. |
19-Novembro (LUNS) 2018 |
● Comezo das distintas campañas electorais. 19/11 - 23/11/2018 ● Envío de: ▪ Citacións para a constitución das distintas mesas electorais. ▪ Convocatoria para a terceira e última reunión da Xunta Electoral ● Reunión de Claustro de Profesores (Lectura de normas, Relación de candidaturas, Acordo de convocatoria de Claustro extraordinario para o día 23. |
26-Novembro (Luns) 2018 |
▪ Eleccións ▪ Profesorado. Pola mañá de 10 a 12:20 ▪ Alumnado. Pola mañá nas clases. ▪ Pais/Nais. Pola tarde a partir das 18:00 horas ata as 21:00 horas ▪ P.A.S.: Pola mañá 11:00 a 12:00 |
27-Novembro (Mércores) 2018 |
● Terceira e última reunión da Xunta Electoral: ▪ Proclamación e publicación de candidatos electos. ▪ Traslado das actas das mesas electorais ao titular da delegación provincial. ● Envío de convocatoria de reunión para a constitución do novo Consello Escolar. (Artigo 52 do Decreto 92/1988, DOG do 29 de abril) |
29-Decembro (Xoves) 2018 |
● Celebración de reunión do novo Consello Escolar: ▪ Constitución do Consello.. ▪ Designación dos membros que van a constituír a Comisión Económica. ▪ Constitución do Observatorio da Convivencia Escolar. |
Antes do 20 de decembro 2018 |
● Envío ao xefe territorial do formulario que se publica como anexo I e anexo II da RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018 |
IES de Porto do Son a 17/09/2018
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PRESENTACIÓN DE CANDIDATURA.pdf | 115.66 KB |
Lei orgánica 8.pdf | 177.18 KB |
- APIs de Blogue
- Calendario