Eventos
Mar | ||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018Como cada dous anos renóvase o Consello Escolar, seguindo as instruccións derivadas da RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018. Temos que renovar as seguintes vacantes, que xunto co director e o xefe de estudos, suman os 18 membros do Consello Escolar:
Aportamos aquí o calendario aprobado pola Xunta Electoral escollida por sorteo o día 18/10/2018. Nos adxuntos a esta comunicación poden baixar os modelos de impreso para presentar as súas candidaturas (do día 29/10 ao día 07/11/2018), o calendario do proceso e as competencias propias do Consello Escolar. Grazas pola súa participación. PROCESO ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR Tendo en conta o Decreto 92/1988, do 28 de abril modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril e a resolución do RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2018, (DOG do Luns, 8 de outubro de 2018 ) pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros do Consello Escolar:
IES de Porto do Son a 17/09/2018
Héctor Cajaraville, recentemente homenaxeado por segunda vez nos Premios Xerais, nesta ocasión co Merlín de Literatura Infantil , estivo a semana pasada no noso centro para falar co alumnado de 3º de ESO da obra que leron neste trimestre, O segredo da casa de Formoso. Podedes ler máis no blog da biblioteca.
Parecía que a chuvia non quería que fixésemos o magosto. Persistente, fíxonos mudar as datas ata que, o venres pasado, o sol quentou con forza para acompañar as castañas e a paella de outono (que vén sendo xa unha tradición: cogumelos, verduriñas...) tan ben preparada por Antón e por Rosi. E tamén xogamos!!! As mozas e o mozos do ciclo e de Antropoloxía foron uns magníficos animadores! Xa que andamos na concienciación da necesidade de comprometernos coa sostibilidade, a carón das castañas estiveron o tres en raia, a goma, a corda, os trompos, a petanca, os aros, a chave... Ata bailamos!!! Por riba, quedou o patio ben limpo! Grazas a todos e todas por un día tan gorentoso e agradable! Van algunhas imaxes mentres preparamos o vídeo
Onte pola tarde, Pilar Díaz e Noemí Pedrós, do Centro de Recuperación Integral para vítimas de violencia machista (CRI) estivo co alumnado do centro traballando o tema da violencia de xénero, no marco do 25 de novembro, data de conmemoración e concienciación deste grave problema social que semella ternos acorados en tempos de involución da humanidade. Esta actividade foi promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración cos Servizos Sociais do Concello e do Departamento de Orientación e insírese no Plan de Acción Titorial. Que sucede cando os mozos e mozas, cando calquera de nós se deixa levar polo grupo, por un "lider", polo "socialmente habitual"? Cal foi o papel da muller na historia? Cando acadamos o dereito a votar, o acceso ao emprego e á independencia económica, o dereito á propiedade, o dereito a viaxar soa? Por que entre 1944 e 1963 o adulterio da muller podía atenuar ou mesmo xustificar o asasinato a mans do seu marido? Cales son as raíces tan fondas dos medos da muller? Por que a falta de respaldo legal e protección efectiva? Que causas levan a datas como estas...? (datos de Feminicidio.net)
Esta mañá alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, nunha actividade organizada polo departamento de Lingua Castelá, achegouse á Casa de Cultura de Porto do Son para asistir á representación do espectáculo Tempestades, de Ricardo Frazer. Podedes ler máis na entrada do blog da biblioteca. |