Os tres equipos guiados polos profesores Xerardo Novo, Alejandro López e Karina Parga, que representaban o IES Perdouro de Burela no xogo concurso Euroscola 2009, llevaron os tres primeiros premios de Galicia. A tématica do xogo ese ano fora as eleccións europea. Como premio, un total de 60 alumnos do IES Perdouro de 1º e 2º de Bacharelato viaxaron a Gandarío entre o 27 e o 30 de setembro onde puideron realizar actividades acuáticas e deportivas.
A subdirectora xeral de promoción de actividades, Yolanda Otero, presidiu no Albergue de Gandarío o pasado mércores a entrega de diplomas aos equipos do IES Perdouro de Burela, que acadaron os tres primeiros postos galegos na XV edición do concurso Euroescola 2009. Teñen moito mérito os mozos e mozas dese centro e mais os seus profesores, pois levan xa varios anos nos primeiros postos e foron premiados no ano 2006 cunha viaxe a Estrasburgo. Debido a que as bases do concurso lles impiden repetir esa viaxe, este ano cambiaron a capital alsaciana por unha estancia de catro días no noso albergue onde o pasaron estupendamente. ¡Noraboa!
Os tres equipos vencedores pertencen aos mesmo centro de ensino, o IES Perdouro de Burela A
Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado
organizou desde o pasado día 27 ata hoxe tres xornadas intensas de actividades lúdicas, no albergue de Gandarío, como recompensa aos integrantes dos equipos.
A Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado entregou esta mañá no albergue de Gandarío (Bergondo) os diplomas que acreditan aos equipos gañadores en Galicia do concurso Euroscola 2009, organizado polo Parlamento Europeo. Os tres equipos vencedores pertencen ao mesmo centro de ensino, o IES Perdouro de Burela.
O xogo desenvolveuse a través da páxina web
www.euro-scola.es. O seu obxectivo principal é informar á mocidade do proceso de integración europea, así como estimular a súa participación activa na construción da UE. No plano didáctico, o concurso tamén fomentou o uso de Internet como ferramenta educativa e a práctica do inglés. Nesta iniciativa participaron 35 institutos de secundaria de Galicia e 350 alumnos de entre 15 e 18 anos.
Nas tres etapas nas que estaba dividido o xogo, os participantes tiveron que superar probas individuais e colectivas para obter o maior número de puntos posibles que os permitisen acceder ás diferentes fases. As linguas do concurso foron o castelán –para as relacións con outros grupos das diferentes comunidades españolas- e o inglés, xa que os integrantes no xogo tiveron que integrarse en comisións parlamentarias simuladas nas que o idioma utilizado era o inglés ou o francés.
Os tres grupos de traballo galegos que acadaron unha maior puntuación final foron do mesmo centro de ensino, o IES Perdouro de Burela (Lugo). Como recompensa ao esforzo efectuado a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organizou entre o 27 e o 30 de setembro nas instalacións de Gandarío tres xornadas de intensas actividades lúdicas e deportivas para os integrantes dos tres equipos. Tamén participaron a totalidade dos alumnos da clase do primeiro clasificado.
Nota de prensa: