Skip to Content

Benvida

 IES de Pastoriza

 Benvidos á web do IES de Pastoriza

 

 Rúa do Lagarto, Esq. Furoca, s/n

15140 Pastoriza. Arteixo (A Coruña)

☏  981 64 75 17

   ies.pastoriza@edu.xunta.es

 

Convocatoria de eleccións de membros do Consello escolar

Achéganse:

O prazo para a presentación de candidaturas remata o venres 8 de novembro.

As votacións realizaranse no centro o día 18 de novembro, de 16:45 a 19:30h.

Inicio do curso 2024-25

O mércores 11 de setembro comezan as clases, en horario normal de 8:40 a 14:20h. A entrada no centro para todo o alumnado será a partir das 8:40h.

O transporte escolar funcionará en horario habitual, mais pode haber incidencias motivadas á empresa que fai o servizo. O alumnado transportado deberá estar con tempo nas paradas. 

O alumnado será recibido a primeira hora polos titores respectivos, tendo clase normal a partir da segunda hora segundo o horario de cada grupo:

  • O alumnado de nova incorporación ao centro (1ºESO) será atendido polo equipo directivo e os titores respectivos a primeira hora.
  • O alumnado do resto dos cursos da ESO e BAC recibirán no seu correo do @iesdepastoriza horario e plano de ubicación das aulas o martes 10 ás 14h, sendo recibidos polos titores respectivos nas aulas asignadas.

Calendario curso 2024-25

Matrícula ESO e Bacharelato 2024/25

 

Prazo de matrícula aberto do

23/xuño ao 8/xullo 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar. Curso 2024/25

Achegamos a seguinte información referente á convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o curso 2024/25. (Nota)

O prazo para a presentación das solicitudes inicia o 21/maio e remata o 21/xuño (incluídos).

Todos e todas ao Parque de Santa Margarida o próximo sábado 4 de Maio

Como moitos de vós xa saberedes, o club de ciencia do IES de Pastoriza realiza, dende hai seis anos, actividades variadas e motivadoras para os alumnos e alumnas participantes.

Neste senso, o próximo sábado 4 de maio, os nosos científicos e científicas mostrarán ao público no Día da Ciencia na Rúa no Parque de Santa Margarida da Coruña, todos os experimentos que levan preparando durante semanas.

horario de apertura ao público é de 11:00 a 14:30h e de 15:30 a 19:00h. Así que non fagades plans e vide a apoiar á ciencia que se fai en Pastoriza por rapaces e rapazas do noso instituto.

Esperámosvos con moita ilusión, e algo de nervios, na "jaima" número 46. Non faltedes!!!

Enlace ao álbum do evento

7ª Competición de Robots - Escola Enxeñería Industrial de Vigo

3 equipos con alumnado de 4ºESO participaron na 7ª convocatoria da Competición de Robots organizada pola Escola de Enxeñería Industrial de Vigo, acadando o 1º e 3º premios da súa categoría. 

Achegamos o álbum de fotos do evento, así como a información publicada nos medios:

XIX edición Concurso literario "Rita Suárez Amado"

Como todos os anos, o IES Eusebio da Garda celebrou o seu concurso literario "Rita Suárez Amado" e desta vez un poema do noso centro, escrito por alguén que cursa con nós primeiro de Bacharelato acadou o primeiro premio na súa categoría: J. Fentanes Barrozo, énchenos de orgullo e satisfacción o teu éxito, PARABÉNS de parte de tod@s os membros do claustro! Nunca deixes de escribir, como dicía Gabriel Celaya "la poesía es un arma cargada de futuro". Grazas por levarnos contigo ata o corazón de A Coruña. 

Álbum fotos do evento

Poema gañador

Visita dun autor: NANDO LÓPEZ

O martes da semana pasada visitou o noso centro o autor de dúas das novelas que están lendo os alumnos de 2º de ESO: El reino de las tres lunas e El reino de los tres soles. Nando López é un autor dunha ampla proxección e traxectoria, foi finalista do Premio Nadal no 2010 e gañador do Premio Gran Angular de SM en 2020, entre outros galardóns. Os nosos alumn@s portáronse xenial e axudaron a que a charla, xa dinámica e entretida de por si, fora todo un éxito. Grazas pola vosa colaboración, rapazada; grazas tamén a editorial Santillana por traernos a Nando López; grazas a Nando López, por suposto; a todo o claustro e a dirección do centro que fixo posible a realización do evento; e, tamén, o departamento de Lingua e literatura castelá que levou a cabo esta iniciativa. Sigamos lendo e abrindo os nosos horizontes. 

Álbum de fotos do evento

Distribuir contido


by Dr. Radut