Skip to Content

I.E.S Pastoriza

Benvidos ó centro.

Benvida

 IES de Pastoriza

 Benvidos á web do IES de Pastoriza

 

 Rúa do Lagarto, Esq. Furoca, s/n

15140 Pastoriza. Arteixo (A Coruña)

☏  981 64 75 17

   ies.pastoriza@edu.xunta.es

 

INFORMACIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

  

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega citou os gañadores dos concursos convocados durante os meses previos, concretamente: O CONCURSO DE CABAZAS E CATRINAS DO SAMAÍN, O DO DISCURSO INVERTIDO e O DAS POSTAIS DE NADAL para facerlles entrega dos agasallos merecidos. O acto tivo lugar na Aula de Usos Múltiples do centro e agradecemos a divulgación do mesmo a través de Radio Furoca. 

Grazas a todo o alumnado participante!!

Queremos aproveitar a ocasión para informar a toda a comunidade educativa da convocatoria para novos concursos que se levarán a cabo nos meses de febreiro e marzo. A continuación anexamos un cadro coa proposta. Animádevos!!

 

TURISTEART' 22

O departamento de Xeografía e Historia propuxo ao alumnado de 3º ESO a elaboración dun tríptico turístico do concello de Arteixo.

A participación do alumnado foi moi elevada e o xurado conformado por profesores do departamento de Plástica, Tecnoloxía e Lingua Galega tivo difícil escoller o tríptico gañador.

Finalmente, as premiadas foron un grupo de alumnas de 3º ESO A.

Moitos parabéns ás galardoadas e mais ao profesorado que lles propuxo esta actividade coa que podemos coñecer os lugares máis emblemáticos do noso concello.

Achegamos imaxes do tríptico e da entrega de premios.

SAÍDA do CLUB de LECTURA a NORA dos LIBROS

O día 15 de xuño, os membros do Club de lectura a Nora dos libros, fixemos unha saída para celebrar o final de curso.

Estivemos na área recreativa de Gabenlle (Laracha) e pasámolo xenial: fixemos unha sesión do Club sobre El principito (con concurso e agasallo incluido), logo unha andaina polo paseo fluvial e, antes de volver a Arteixo, unha merendola para repoñer forzas. 

MOITÍSIMAS GRAZAS pola vosa colaboración, rapazada! Pola vosa ilusión ao longo do curso e por depositar a vosa confianza no noso Club e na nosa Biblioteca!!!

Esperámosvos o próximo curso!

FOTOS

Obradoiros "Día de Rosalía" en 4º ESO.

O luns, 23 de maio, a poeta Dores Tembrás impartiu dous obradoiros no noso centro arredor da poesía máis reivindicativa e afouta de Rosalía de Castro nos que nos achegou a beleza, a forza e o sentimento da palabra e onde o alumnado de 4º ESO tivo oportunidade de compartir impresións cheas de creatividade, ideas e pensamento coa escritora.

Infindas grazas a Dores e mais á Asociación de Escritores en Lingua Galega por estes obradoiros para conmemorar o Día de Rosalía.

Ligazón ás imaxes deste día.

Correlingua 2022.

O alumnado de 4º ESO asistiu o 18 de maio ao Correlingua que se celebrou no Pazo da Cultura de Carballo, onde viron a actuación musical da banda nicrariense, Mekánika Rolling Band.

Compartimos a publicación de La Voz de Galicia sobre este evento e tamén deixamos imaxes dunha xornada chea de humor e música en defensa da nosa lingua.

I Concurso de Cantigas de Entroido dos Trobadores de Pastoriza.

Achéganse unhas datas significativas no almanaque galego e que mellor xeito de conmemoralas que propoñer ao noso alumnado un concurso no que deberán mostrar o seu enxeño á hora de compoñer cantigas en galego coma se fosen trobadores da época medieval e nas que poderán abordar temas actuais e personaxes do século XXI, sempre dende o respecto.

O prazo estará aberto até o luns, 21 de febreiro.

Para máis información, consulta as bases no documento adxunto.

Concurso de cartas de amor.

Di un refrán popular galego que «a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa». Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo da Biblioteca e o Departamento de Galego queremos conmemorar esta festividade e o Día dos Namorados cun Concurso de cartas de amor destinado aos membros da comunidade educativa. Podes consultar as bases do mesmo no documento adxunto.

Anímate e participa!

Felicitación de Nadal

O IES de Pastoriza quere desexar un BO NADAL  a toda a comunidade educativa con estas tres postais gañadoras do concurso convocado polo EDLG, en colaboración co departamento de Educación Plástica e realizadas por tres alumnas de 3º ESO.

 

 

 

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co departamento de Educación Plástica e Visual, convoca o "Concurso de postais de Nadal do ano 2021" dirixido a todo o alumnado do noso centro.

Pódense consultar as bases no documento adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut