Co gallo da celebración do Día de Rosalía o pasado 24 de febreiro, a biblioteca do IES de Pastoriza convocou entre todo o alumnado un concurso de vídeos e/ou audios no que os/as participantes leran ou cantaran un poema da autora. A presentación podía estar animada con música, imaxes, etc e a realización podía ser individual ou en grupo.
Os premios recaeron en:
- 1º premio: Judith Conde Fariña e Macarena Fernández Suárez
- 2º premio: Bilal Hicham, Oniçor Gabriel Mare e Gino Costín Serbu
- 3º premio: Carla Mariñas Vázquez
Os nosos parabéns aos gañadores.
Achegamos unhas fotografías da entrega de premios.