Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o curso 2023-24. (Este prazo é para o alumnado que se incorpora ao centro dende calquera outro centro educativo non adscrito. O alumnado matriculado este curso e o procedente dos centros adscritos (CEIP de Galán e CEIP San Xosé Obreiro) teñen a praza reservada para o curso seguinte).
No caso de presentar solicitude de admisión é importante ter en conta:
- O trámite de admisión poderá realizarse na secretaría do primeiro centro de elección ou a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED550B) se o/a solicitante posúe certificado electrónico ou Chave 365.
- Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Para presentar a solicitude, seguir as instrucións da aplicación admisionalumnado.
DOCUMENTACIÓN INDISPENSABLE:
a. Formulario de admisión ANEXO II ED550B cuberto e asinado polos dous proxenitores.*
b. Formulario de comprobación de datos ANEXO II bis no que consten TODOS os membros da unidade familiar coas súas sinaturas.* (ESTES dous documentos anteriores son obrigatorios.)
c. Fotocopia do DNI do/a alumno/a ou copia do Libro de familia onde o/a alumno/a figure (deberá traerse tamén o orixinal para o cotexo). Para facilitar a corrección de erros frecuentes cos datos persoais, copia dos DNI de todos os membros da unidade familiar.
d. Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo. (de momento non presentar)
e. No seu caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (completa).
Calendario do procedemento de admisión e matrícula:
- Reserva de praza no centro de orixe: 15 xaneiro ao 4 de febreiro
- Data do sorteo público a efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
- Publicación de postos escolares vacantes: a partir do 1 de marzo
- Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo
- Presentación presencial no centro da documentación acreditativa dos criterios xerais de admisión alegados pola persoa solicitante: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Só no caso de que o número de solicitudes sexa superior ás vacantes existentes no nivel solicitado
- Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril
- Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio
- Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 23 de xuño ao 7de xullo
Normativa e manuais: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action