Estimadas nais e pais:
Segundo Resolución do 19/setembro 2022 (DOG do 30/09/2022) que establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos:
- As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar celebraranse entre os días 23 e 29 de novembro de 2022, sendo necesaria a constitución dunha xunta electoral encargada de regular o proceso de eleccións.
- O vindeiro mércores día 2 de novembro, ás 12.00 horas, terá lugar o sorteo público na Biblioteca do centro para a constitución da citada Xunta Electoral.
Unha vez máis queremos lembrarvos a importancia destas eleccións nas que todas as nais e pais son electores e tamén elixibles, sempre que presenten a súa candidatura.
O Consello Escolar é o órgano colexiado de goberno do centro con funcións que inclúen entre outras: participar na elección do director ou directora, na avaliación das Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro, da Programación Xeral Anual, na análise e valoración do funcionamento xeral do centro.
Unha vez se concrete o calendario, recibiredes información máis ampla e, en todo caso, ante calquera dúbida consultade co centro educativo e intentaremos aclaralas.
Un saúdo.
O director.