Skip to Content

Curso 2023/2024

Todos e todas ao Parque de Santa Margarida o próximo sábado 4 de Maio

Como moitos de vós xa saberedes, o club de ciencia do IES de Pastoriza realiza, dende hai seis anos, actividades variadas e motivadoras para os alumnos e alumnas participantes.

Neste senso, o próximo sábado 4 de maio, os nosos científicos e científicas mostrarán ao público no Día da Ciencia na Rúa no Parque de Santa Margarida da Coruña, todos os experimentos que levan preparando durante semanas.

horario de apertura ao público é de 11:00 a 14:30h e de 15:30 a 19:00h. Así que non fagades plans e vide a apoiar á ciencia que se fai en Pastoriza por rapaces e rapazas do noso instituto.

Esperámosvos con moita ilusión, e algo de nervios, na "jaima" número 46. Non faltedes!!!

Enlace ao álbum do evento

7ª Competición de Robots - Escola Enxeñería Industrial de Vigo

3 equipos con alumnado de 4ºESO participaron na 7ª convocatoria da Competición de Robots organizada pola Escola de Enxeñería Industrial de Vigo, acadando o 1º e 3º premios da súa categoría. 

Achegamos o álbum de fotos do evento, así como a información publicada nos medios:

XIX edición Concurso literario "Rita Suárez Amado"

Como todos os anos, o IES Eusebio da Garda celebrou o seu concurso literario "Rita Suárez Amado" e desta vez un poema do noso centro, escrito por alguén que cursa con nós primeiro de Bacharelato acadou o primeiro premio na súa categoría: J. Fentanes Barrozo, énchenos de orgullo e satisfacción o teu éxito, PARABÉNS de parte de tod@s os membros do claustro! Nunca deixes de escribir, como dicía Gabriel Celaya "la poesía es un arma cargada de futuro". Grazas por levarnos contigo ata o corazón de A Coruña. 

Álbum fotos do evento

Poema gañador

Visita dun autor: NANDO LÓPEZ

O martes da semana pasada visitou o noso centro o autor de dúas das novelas que están lendo os alumnos de 2º de ESO: El reino de las tres lunas e El reino de los tres soles. Nando López é un autor dunha ampla proxección e traxectoria, foi finalista do Premio Nadal no 2010 e gañador do Premio Gran Angular de SM en 2020, entre outros galardóns. Os nosos alumn@s portáronse xenial e axudaron a que a charla, xa dinámica e entretida de por si, fora todo un éxito. Grazas pola vosa colaboración, rapazada; grazas tamén a editorial Santillana por traernos a Nando López; grazas a Nando López, por suposto; a todo o claustro e a dirección do centro que fixo posible a realización do evento; e, tamén, o departamento de Lingua e literatura castelá que levou a cabo esta iniciativa. Sigamos lendo e abrindo os nosos horizontes. 

Álbum de fotos do evento

Programacións Departamento de Inglés 2023-2024

Compartimos as ligazóns ás programacións do departamento de inglés:

SOÑOS... máis teatro!

O luns 4 de decembro voltamos ao centro cívico de Arteixo, para poder ver a obra teatral de Fernando Epelde.

Soños é a historia duns rapaces que viven nun piso tutelado e que contan coa axuda dunha educadora para saír adiante... pero Soños e tamén unha denuncia dos prexuízos que ás veces se viven na nosa sociedade. 

Dámoslle as grazas a todos os que fixeron posible esta saída e tamén aos nosos alumn@s de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, que foron un exemplo de bo comportamento.

Algunhas fotos da representación

Programacións didácticas do departamento de Física e Química 2023/24

Adxuntamos as programacións didácticas do curso 2023/24 do departamento de Física e Química:

Distribuir contido


by Dr. Radut