O pasado martes 4 de xuño, entregáronse os premios aos alumnos partipantes voluntariamente no Plan de Limpieza do centro, que conta con unha subvención da empresa Repsol para as actividades que se desenvolven durante o curso, xunto cos actos de celebración do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño).
Nesta ocasión, continuando coa tradición dos cursos anteriores, o alumnado colaborou na plantación dunha árbore (castaño) no recinto escolar.
O luns 10 de xuño, 5 alumnos participantes no Plan de Limpieza foron entrevistados nos estudios de Radio Voz por Pablo Portabales, con motivo da V edición do Plan de Limpieza do centro. Achegamos unhas fotos do evento.
Os actos do Día do Medio Ambiente foron motivo de atención nos medios de Prensa: