Skip to Content

Convocatoria Becas MEC para Bacharelato e FP no curso 2022-23

A convocatoria de bolsas do MEC para Bacharelato, FP e Universidade do curso 2022/23 estará aberta dende o 30 de marzo ao 12 de maio 2022, adiantándose respecto de convocatorias anteriores no mes de xullo.

Poden consultar toda a información referente a esta convocatoria na web do Ministerio de Educación (Becas y ayudas)

 

21 de marzo. Día Mundial da Poesía.

O pasado 21 de marzo conmemoramos o Día Mundial da Poesía e para iso, o noso alumnado confeccionou diferentes Knollings literarios a partir dos seus poemas galegos preferidos que expuxeron posteriormente no Taboleiro da Lingua.

A verdade é que temos uns auténticos artistas!

Podes ver as imaxes cos traballos do noso alumnado premendo nesta ligazón.

Actividade de iniciación ao esquí ANDORRA 2022

Nestes días un grupo de alumnos de 4º de ESO do IES de Pastoriza esta realizando a Actividade de Iniciación o Esquí na estación de  esquí de PAL-ARINSAL. No seguinte enlace tedes un álbum de fotos da actividade.

ALBUM de FOTOS

 

Procedemento de admisión e matrícula para o curso 2022-23

Do 1 ao 21 de marzo estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o curso 2022-23. 

Este prazo é para o alumnado que se incorpora ao centro dende calquera outro centro educativo non adscrito. O alumnado matriculado neste curso e o procedente dos centros adscritos (CEIP de Galán e CEIP San Xosé Obreiro) xa ten a praza reservada para o curso seguinte. 

No caso de presentar solicitude de admisión é importante ter en conta:

  1. O trámite de admisión poderá realizarse na secretaría do primeiro centro de elección ou a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED550B) se o/a solicitante posúe certificado electrónico ou Chave 365.
  2. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  3. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  4. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Para presentar a solicitude, seguir as instrucións da aplicación admisionalumnado

. DOCUMENTACIÓN INDISPENSABLE 

a. Formulario de admisión ANEXO II ED550B cuberto e asinado polos dous proxenitores.*

b. Formulario de comprobación de datos ANEXO II bis no que consten TODOS os membros da unidade familiar coas súas sinaturas.* (ESTES dous documentos anteriores son obrigatorios.)

c. Fotocopia do DNI do/a alumno/a ou copia do Libro de familia onde o/a alumno/a figure (deberá traerse tamén o orixinal para o cotexo). Para facilitar a corrección de erros frecuentes cos datos persoais, copia dos DNI de todos os membros da unidade familiar.

d. Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo. (de momento non presentar)

e. No seu caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (completa).

Calendario do procedemento de admisión e matrícula

 

  1. Reserva de praza no centro de orixe: 11 xaneiro a 8 de febreiro
  2.  Data do sorteo público a efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo. (Realizado sorteo o 23-02-22)
  3. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo
  4. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo* (Prorrogado para o curso 2022-23 ata o seguinte día hábil: luns 21 de marzo.)
  5. Presentación presencial no centro da documentación acreditativa dos criterios xerais de admisión alegados pola persoa solicitante: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión (entre o 24 de marzo e o 6 de abril, ambos incluidos)  Só no caso de que o número de solicitudes sexa superior ás vacantes existentes no nivel solicitado
  6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril
  7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio
  8. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
  9. Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro

23 de febreiro. Día de Rosalía de Castro.

No IES de Pastoriza conmemoramos o nacemento desta insigne escritora das nosas letras con flores e poemas da autora que expuxeron os nosos alumnos e alumnas nas súas respectivas aulas e no Taboleiro da Lingua.

Preme nesta ligazón para ver as imaxes.

Para rematar, reproducimos aquí unhas palabras de Rosalía: «Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino».

#NoMoreMatildas. 11/2/22 Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

O alumnado do Club de Ciencia do IES de Pastoriza, ven de realizar un mural para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A nosa composición trata de facer un pequeno homenaxe a todas aquelas mulleres científicas que ao longo da historia non tiveron o recoñecemento que deberan, simplemente, por ser mulleres e non homes. Estas mulleres coñécense coloquialmente como Matildas.

Achegamos enlace ao álbum de fotos do mural.

Sesión da Escola de familias o vindeiro 17 de febreiro

Dende o CEFORE de A Coruña vaise a organizar unha sesión da Escola de familias o vindeiro 17 de febreiro, coa tematica "TECNOLOXÍA,CONVIVENCIA E ADICCIÓNS.CLAVES PARA EDUCAR". no centro de Arteixo Innovación de 18:00 a 20:00
Esta aberta a toda a comunidade educativa en especial as ANPAS e familias do concello de Arteixo. A información completa vai nos anexos. 

I Concurso de Cantigas de Entroido dos Trobadores de Pastoriza.

Achéganse unhas datas significativas no almanaque galego e que mellor xeito de conmemoralas que propoñer ao noso alumnado un concurso no que deberán mostrar o seu enxeño á hora de compoñer cantigas en galego coma se fosen trobadores da época medieval e nas que poderán abordar temas actuais e personaxes do século XXI, sempre dende o respecto.

O prazo estará aberto até o luns, 21 de febreiro.

Para máis información, consulta as bases no documento adxunto.

Concurso de cartas de amor.

Di un refrán popular galego que «a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa». Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, o Equipo da Biblioteca e o Departamento de Galego queremos conmemorar esta festividade e o Día dos Namorados cun Concurso de cartas de amor destinado aos membros da comunidade educativa. Podes consultar as bases do mesmo no documento adxunto.

Anímate e participa!

Distribuir contido


by Dr. Radut