Skip to Content

enchufamos de nuevo RADIO FUROCA

Hola a tod@s, simplemente avisar que nuestra querida RADIO después de dos años de silencio vuelve de nuevo a sonar en el recreo. En un principio los viernes en el 2º recreo emitiremos un programa de música relacionada con las celebraciones de cada mes. La idea es que los alumnos participen y escojan las canciones.

Luego poco a poco intentaremos realizar grabaciones retomando y actualizando los programas a los que tanto tiempo dedicaba nuestro querido compañero Luis Miguel ... la noria de los libros, la peli de la semana, noticias del día, y un largo etc...

Reunión de presentación do curso 2022-23

A reunión de presentación do curso 2022-23 terá lugar co titor de cada grupo e na aula do grupo respectivo. Por limitación da capacidade das aulas, rogamos a asistencia de 1 soa persoa responsable por cada alumno. Estas Reunións terán lugar co seguinte horario:

  • 3º, 4º ESO e 1º Bacharelato: Mércores 21 de setembro as 19:30
  • 1º e 2º de ESO: Xoves 22 de setembro as 19:30

Inicio do curso 2022-23

O xoves 8 de setembro comezan as clases, en horario normal de 8:40 a 14:20h. A entrada no centro será a partir das 8:30h para o alumnado usuario do transporte escolar.

O transporte escolar funcionará en horario normal, mais pode haber incidencias motivadas a que cambia a empresa que fai o servizo. O alumnado transportado deberá estar con tempo nas paradas.
 
O alumnado será recibido a primeira hora polos titores respectivos, tendo clase normal a partir da segunda hora cada co profesor respectivo segundo horario.
 

Horario do mes de agosto

O centro educativo permanecerá pechado durante todo o mes de agosto. Para calquera tipo de consulta poden enviar unha mensaxe ao correo do centro: ies.pastoriza@edu.xunta.es

TURISTEART' 22

O departamento de Xeografía e Historia propuxo ao alumnado de 3º ESO a elaboración dun tríptico turístico do concello de Arteixo.

A participación do alumnado foi moi elevada e o xurado conformado por profesores do departamento de Plástica, Tecnoloxía e Lingua Galega tivo difícil escoller o tríptico gañador.

Finalmente, as premiadas foron un grupo de alumnas de 3º ESO A.

Moitos parabéns ás galardoadas e mais ao profesorado que lles propuxo esta actividade coa que podemos coñecer os lugares máis emblemáticos do noso concello.

Achegamos imaxes do tríptico e da entrega de premios.

Graduación 4º da ESO 27/6/2022

O pasado Luns 27 de Xuño, tivo lugar no Centro Cívico de Arteixo, o Acto de Graduación dos alumnos de 4º da ESO do IES de Pastoriza. O evento estivo cargado de grandes emocións, e alumnado, profesorado e familias puideron pasar uns momentos moi entrañables que seguro que ficarán nas memorias dos presentes durante moito tempo.

Achegamos un enlace ao album de fotos deste día.

Gustaríanos por último, dar as grazas a Emilio, profesor de Educación Física do centro, polo reportaxe fotográfico.

SAÍDA do CLUB de LECTURA a NORA dos LIBROS

O día 15 de xuño, os membros do Club de lectura a Nora dos libros, fixemos unha saída para celebrar o final de curso.

Estivemos na área recreativa de Gabenlle (Laracha) e pasámolo xenial: fixemos unha sesión do Club sobre El principito (con concurso e agasallo incluido), logo unha andaina polo paseo fluvial e, antes de volver a Arteixo, unha merendola para repoñer forzas. 

MOITÍSIMAS GRAZAS pola vosa colaboración, rapazada! Pola vosa ilusión ao longo do curso e por depositar a vosa confianza no noso Club e na nosa Biblioteca!!!

Esperámosvos o próximo curso!

FOTOS

Calendario fin de curso 21-22

1 REMATE DAS ACTIVIDADES LECTIVAS: 22 de xuño (mércores). Devolución dos libros do fondo solidario.

2 AVALIACIÓNS ORDINARIAS (FINAIS): 23 de xuño (xoves).

3 ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS: o lúns 27 (lúns) de xuño ás 11:00 h.

4 MATRÍCULA PARA O CURSO 2022-23: Do 28 de xuño ata o 10 de xullo nas Oficinas en horario de 10:00 a 13:30 horas.

5 REVISIÓNS E RECLAMACIÓNS: (Orde 28 agosto 1995, BOE do 20/09):

 

27 a 28 xuño

Revisión de exames de 10:30 a 12:30h: Os alumnos dirixiranse aos Departamentos das materias correspondentes para a revisión dos exames cos respectivos profesores.

Solicitude por escrito (no caso de non estar de acordo coa revisión anterior), por parte dos alumnos ou os seus pais ou titores, de revisión da cualificación final obtida nunha materia ou de revisión da decisión de non promoción ou titulación. Estas solicitudes, que deberán conter cantas alegacións xustifiquen a disconformidade coas decisións adoptadas, serán entregadas en Xefatura  de estudos antes das 13:30 horas do 28 de xuño.

29 xuño

Comunicación da resolución do Departamento didáctico ao alumno ou pais.

 

Reclamación ante a Xefatura Territorial por desacordo do alumno ou pais coa revisión da cualificación nunha materia:

No caso de que persista o desacordo, alumno ou pais ou titores poderán solicitar por escrito á Dirección, no prazo de dous días a partir da última comunicación do centro, que eleve a reclamación a instancias superiores.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut