Skip to Content

Procedemento de admisión e matrícula para o curso 2024-25

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o curso 2023-24. (Este prazo é para o alumnado que se incorpora ao centro dende calquera outro centro educativo non adscrito. O alumnado matriculado este curso e o procedente dos centros adscritos (CEIP de Galán e CEIP San Xosé Obreiro) teñen a praza reservada para o curso seguinte).

No caso de presentar solicitude de admisión é importante ter en conta:

  1. O trámite de admisión poderá realizarse na secretaría do primeiro centro de elección ou a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED550B) se o/a solicitante posúe certificado electrónico ou Chave 365.
  2. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  3. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  4. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Para presentar a solicitude, seguir as instrucións da aplicación admisionalumnado

DOCUMENTACIÓN INDISPENSABLE: 

a. Formulario de admisión ANEXO II ED550B cuberto e asinado polos dous proxenitores.*

b. Formulario de comprobación de datos ANEXO II bis no que consten TODOS os membros da unidade familiar coas súas sinaturas.* (ESTES dous documentos anteriores son obrigatorios.)

c. Fotocopia do DNI do/a alumno/a ou copia do Libro de familia onde o/a alumno/a figure (deberá traerse tamén o orixinal para o cotexo). Para facilitar a corrección de erros frecuentes cos datos persoais, copia dos DNI de todos os membros da unidade familiar.

d. Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo. (de momento non presentar)

e. No seu caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (completa).

Calendario do procedemento de admisión e matrícula:

  1. Reserva de praza no centro de orixe: 15 xaneiro ao 4 de febreiro
  2.  Data do sorteo público a efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
  3. Publicación de postos escolares vacantes: a partir do 1 de marzo
  4. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo
  5. Presentación presencial no centro da documentación acreditativa dos criterios xerais de admisión alegados pola persoa solicitante: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión. Só no caso de que o número de solicitudes sexa superior ás vacantes existentes no nivel solicitado
  6. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril
  7. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio
  8. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 23 de xuño ao 7de xullo

 

Normativa e manuais: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/Axuda.action

SOÑOS... máis teatro!

O luns 4 de decembro voltamos ao centro cívico de Arteixo, para poder ver a obra teatral de Fernando Epelde.

Soños é a historia duns rapaces que viven nun piso tutelado e que contan coa axuda dunha educadora para saír adiante... pero Soños e tamén unha denuncia dos prexuízos que ás veces se viven na nosa sociedade. 

Dámoslle as grazas a todos os que fixeron posible esta saída e tamén aos nosos alumn@s de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, que foron un exemplo de bo comportamento.

Algunhas fotos da representación

TEATRO

ESAS COUSAS MARABILLOSAS


Foi a obra de teatro que o pasado venres 6 de outubro foron ver os nosos alumnos de 2º da ESO.

Ofertada gratuitamente polo concello de Arteixo, os departamentos de Lingua e Literatura castelá e galega organizaron a saída, que foi posible grazas a colaboración de compañeiros pertencentes a diferentes departamentos.

Os rapaces disfrutaron dunha representación teatral na que participaron de maneira activa e resultou ser unha xornada gratificante para todos os que asistiron.

GRAZAS a todos e que continúe o espectáculo!

Achegamos unhas fotos do evento

Transporte escolar 2023-24 - Rutas e paradas

As rutas do transporte escolar para este curso 2023-24 quedan establecidas segundo o documento que se achega:

As particularidades para este curso son:

  • Das 6 rutas, as rutas nº2 e nº1 están completas, no caso de ser necesario por incorporación de alumnado da ESO, serían utilizadas prazas de alumnado de Bacharelato (sen dereito ao transporte escolar, salvo que existan prazas libres). 
  • No resto das rutas a capacidade das mesmas é suficiente para todo o alumnado matriculado (ESO e BACH).
  • O alumnado non pode cambiar de parada ou ruta sen avisar previamente no centro para poder comprobar que non se exceda a capacidade das rutas e facer os cambios oportunos na aplicación de transporte.
  • Cambios respecto do pasado curso:
    • GASOLINERA VILARRODÍS: tanto o servizo de entrada como o de saída do centro serán na ruta nº1.
    • As paradas SNIK e AUTOESCOLA: tanto o servizo de entrada como o de saída serán na ruta nº3.
    • A parada CASA LOLA cambia denominación por OS CARBALLOS.
    • Reordenada a ruta nº2 invertindo a orde das paradas.
  • A parada MEICENDE-ABANCA aparece nas rutas 5 e 6 correspondendo cada unha delas aos sentidos de circulación da vía, son paradas diferentes aínda que próximas. 

Todos os buses deberán de levar identificado:

  • o número do contrato de servizo, ex: ED1510XX
  • o nome da parada da cabeceira da ruta
  • o nome do centro educativo (IES de Pastoriza) e o número da ruta (do 1 ao 6)

Cadro resumo coas paradas en cada ruta.

Para dar conta de calquera incidencia no servizo, chamada ao centro ou correo electrónico. Todas as incidencias serán comunicadas á empresa de transporte e ao Servizo de Transporte escolar da Consellería.

Inicio do curso 2023-24

O luns 11 de setembro comezan as clases, en horario normal de 8:40 a 14:20h (mañán) e 16:30 a 18:10 (tarde). A entrada no centro para todo o alumnado será a partir das 8:40h.

O transporte escolar funcionará en horario normal, mais pode haber incidencias motivadas á empresa que fai o servizo. O alumnado transportado deberá estar con tempo nas paradas. 

O alumnado será recibido a primeira hora polos titores respectivos, tendo clase normal a partir da segunda hora segundo horario:

  • O alumnado de nova incorporación ao centro (1ºESO) será atendido polo equipo directivo e os titores respectivos a primeira hora.
  • O alumnado do resto dos cursos da ESO e BAC recibirán no seu correo do @iesdepastoriza horario e plano de ubicación das aulas o venres 8 ás 13h, sendo recibidos polos titores respectivos nas aulas asignadas.

 Calendario curso.

Graduación 4ºESO

Achegamos o enlace ao álbum de fotos da Graduación de 4º ESO.

Calendario de fin curso 2022-23

1 REMATE DAS ACTIVIDADES LECTIVAS: 21 de xuño (mércores). Devolución dos libros do fondo solidario.

2 AVALIACIÓNS FINAIS: 22 de xuño (xoves).

3 ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS: o venres 23 de xuño ás 11:00 h.

4 MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-24: Do 23 de xuño ata o 7 de xullo nas Oficinas en horario de 9:30 a 13:30 horas.

5 REVISIÓNS E RECLAMACIÓNS: (Orde 28 agosto 1995, BOE do 20/09):

 

23 a 27 xuño

Revisión de exames de 10:30 a 12:30h: Os alumnos dirixiranse aos Departamentos das materias correspondentes para a revisión dos exames cos respectivos profesores.

Solicitude por escrito (no caso de non estar de acordo coa revisión anterior), por parte dos alumnos ou os seus pais ou titores, de revisión da cualificación final obtida nunha materia ou de revisión da decisión de non promoción ou titulación. Estas solicitudes, que deberán conter cantas alegacións xustifiquen a disconformidade coas decisións adoptadas, serán entregadas en Xefatura  de estudos antes das 13:30 horas do 27 de xuño.

28 xuño

Comunicación da resolución do Departamento didáctico ao alumno ou pais.

 

Reclamación ante a Xefatura Territorial por desacordo do alumno ou pais coa revisión da cualificación nunha materia:

No caso de que persista o desacordo, alumno ou pais ou titores poderán solicitar por escrito á Dirección, no prazo de dous días a partir da última comunicación do centro, que eleve a reclamación a instancias superiores.

 

 

VISITA AO LABIRINTO DE BREOGHÁN E AOS PETRÓGLIFOS DE VILARMAIOR

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega realizou o día 15 de xuño unha visita ao LABIRINTO DE BREOGHÁN e coñeceu os PETRÓGLIFOS DE VILARMAIOR.

A nosa intención foi que o noso alumnado coñecera un entorno rural alonxado do estrés diario, un lugar máxico con máis de 4000 árbores que dan forma de cruz celta ao labirinto máis grande da península (6120m2).

O obxectivo é que valoren os nosos antepasados celtas, que camiñen de volta ás orixes, a unha época onde a natureza nos mergullía en todo o seu esplendor, lonxe dos artificios hoxe presentes.

Club de Lectura 2022-23

Roteiro pola Coruña (7_6_23)

 

Como cada fin de curso, a rapazada do Club de Lectura fixo unha saída para celebrar o percorrido lector realizado durante todo o ano. 

Contamos cun grupo fantástico de rapaces e rapazas, que LEN e comparten as súas lecturas na nos biblioteca, así que desta vez buscamos un lugar ao aire libre para reflexionar cos pulmóns cheos! Cheos sobre todo de ilusión e ganas de comer o mundo!

Foi un día fantástico!!! Moitísimas grazas a todos eles!

Álbum fotos evento.

Distribuir contido


by Dr. Radut