Skip to Content

Concreción curricular

Concurso de postais de Nadal convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega

O EDLG organiza un concurso de postais de Nadal no que pode participar todo o alumnado do centro.

As bases do mesmo aparecen reflectidas no cartel que publicamos a continuación.

Haberá premios para as mellores entregas.

Animádevos a participar!!


Conversa con familias - Prevención de condutas adictivas

sesión da escola de familias que se vai celebrar o 24 de novembro.

Modificación das rutas de transporte escolar

A partir do día 10 de novembro, as rutas de transporte escolar quedarán segundo o documento que se achega. As paradas con usuarios foron reasignadas en 6 rutas polo Servizo de Recursos educativos complementarios.

As persoas responsables do alumnado que desexen expoñer calquera tipo de suxerencia respecto do servizo poden utilizar o modeo de documento que se achega e entregalo no centro educativo, para ser remitido ao departamento responsable.

 

Calendario para as eleccións ao consello escolar

Estimadas nais e pais:

Segundo Resolución do 19/setembro 2022 (DOG do 30/09/2022) que establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos:

- As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar celebraranse entre os días 23 e 29 de novembro de 2022, sendo necesaria a constitución dunha xunta electoral encargada de regular o proceso de eleccións.   

- O vindeiro mércores día 2 de novembro, ás 12.00 horas, terá lugar o sorteo público na Biblioteca do centro para a constitución da citada Xunta Electoral. 

Unha vez máis queremos lembrarvos a importancia destas eleccións nas que todas as nais e pais son electores e tamén elixibles, sempre que presenten a súa candidatura. 

O Consello Escolar é o órgano colexiado de goberno do centro con funcións que inclúen entre outras: participar na elección do director ou directora, na avaliación das Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro, da Programación Xeral Anual, na análise e valoración do funcionamento xeral do centro.

Unha vez se concrete o calendario, recibiredes información máis ampla e, en todo caso, ante calquera dúbida consultade co centro educativo e intentaremos aclaralas. 

Un saúdo. 

O director.

Actividades do EDLG

A primeira actividade organizada polo EDLG para o curso 2022-2023 titulámola “O discurso invertido”. Está baseada nun desafío de rima que emprega Fabio Brazza na súa canle de youtube e o obxectivo consiste en mudar o sentido do texto segundo a orde da lectura. Teremos unha información se lemos de arriba abaixo e o contrario se lemos de abaixo arriba. 

O texto debe conter un mínimo de dez liñas e a temática é libre. Consiste nunha tarefa que estamos traballando nas aulas de 2º e 3º de ESO.

Haberá premios para o alumnado gañador.

 

A segunda tarefa que estamos a desenvolver consiste na decoración de cabazas e catrinas co motivo do Samaín. No cartace que publicamos a continuación tedes toda a infomación:

Información do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Como cada curso escolar, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Pastoriza organizará diferentes actividades dirixidas ao noso alumnado co claro obxectivo de empregar con corrección a nosa lingua, enxalzala e divulgala.

Este equipo está constituído por profesorado, persoal non docente e alumnado.

É unha obviedade dicir que todos os alumnos e alumnas do centro están convidados  a participar nas diversas propostas que iremos ofertando ao longo do curso académico mais, nesta ocasión, como coordinadora do equipo, gustaríame salientar que contamos cunha comisión integrada por alumnado de 3º ESO. Son rapaces e rapazas moi comprometidos co idioma cos que se convocan xuntanzas asiduamente e que brindan a súa axuda na toma de decisións, propoñen actividades, forman parte do xurado no momento de deliberar nos diferentes concursos organizados,...

Desde este foro, quero agradecerlles a súa implicación e colaboración coa causa deste equipo. 

Graciñas!!

Información ás familias

A partir do 1 de outubro, o centro utilizará unicamente a plataforma ABALAR como medio de comunicación preferente coas persoas responsables do alumnado, os cales poderán acceder a través do enlace web ou da aplicación abalarmobil:  

Guías de uso:

Guía rápida do espazoAbalar

Enlaces directos á aplicación web (para ordenador) e para móbiles (abalarmobil)

Acceso aos servizosAcceso aos servizos

ABALAR web

 

Abalarmóbil APP:

  
Distribuir contido


by Dr. Radut