Skip to Content

COMUNICADO DO CENTRO

Prezadas familias:

Tras a publicación das “Orientacións provisionais para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso 2019/20”, gustaríanos trasmitirlles que no IES Otero Pedrayo estamos agardando á súa concreción definitiva por parte das autoridades educativas para informar debidamente da súa aplicación ao noso alumnado, especialmente no que aos criterios de promoción e titulación atinxe. Sabemos que son momentos de incerteza e preocupación polo futuro dos seus fillos. Pero pedímoslle comprensión pois, como centro, non podemos adiantar decisións que non nos corresponde tomar. 

Tamén lles lembramos que estamos á súa disposición permanentemente no teléfono 690 076 116 e no enderezo electrónico ies.otero.pedraio.ourense@edu.xunta.es . Ao longo de estas semanas intentamos detectar as necesidades educativas do alumnado e subsanalas na medida das nosas posibilidades.  Por favor, non dubiden en contactarnos para calquera consulta ou para facilitarlles materiais escolares, algún ordenador portátil ABALAR dos que dispón o centro, etc.

Por último, queremos felicitalos pola madurez e responsabilidade que están a demostrar os seus fillos e fillas e mandarlles moitos ánimos.

Atentamente,

O equipo directivo

CUALIFICACIÓNS SEGUNDA AVALIACIÓN

Informamos que, por instrucións da Consellería, procederemos a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre.  

Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. Polo tanto, as notas poranse en función dos instrumentos de avaliación (exames, traballo na aula...) disponibles antes do 13 de marzo

 As cualificacións publicaranse por Abalar Móbil o 3 de abril, ás 14 horas. 

COMUNICADO ÁS FAMILIAS

Prezadas familias

A partires de esta noite está accesible no menú lateral "ACTIVIDADES SUSPENSION CLASES CORONAVIRUS" da páxina web toda a información sobre como seguir telemáticamente cada materia e o contacto de cada docente.

Como saben, o estado de alarma impide a atención ao público de xeito presencial no centro. Poden contactar co equipo directivo no enderezo electrónico ies.otero.pedraio.ourense@edu.xunta.gal e no teléfono 690076116.

 

Desexámoslles a mellor das sortes nestes difíciles momentos e pedímoslles que lles manden un afectuoso saúdo aos seus fillos e fillas de parte dos seus profesores e profesoras.

PAUTAS FORMACIÓN NON PRESENCIAL

Ante o peche decretado polas autoridades, o IES Otero Pedrayo está a tomar todas as medidas precisas para garantir a atención telemática do alumnado. Á maior brevidade posible, estarán colgadas nesta páxina web no bloque lateral "ACTIVIDADES SUSPENSIÓN CLASES CORONAVIRUS" toda a información relativa á impartición do currículo de xeito non presencial

USO DA AULA VIRTUAL POR PARTE DO ALUMNADO

Ante a  rapidez coa que se están desenvolvendo os acontecementos relacionados coa epidemia do coronavirus, o Centro tivo que tomar medidas para evitar que os alumnos/ as véxanse o menos afectados coa suspensión da docencia directa.

Por isto estanse habilitando distintas canles de comunicación co alumnado.

Un deles, o máis utilizado, vai ser o uso da aula VIRTUAL do Centro.

O problema é que o alumnado de 1º ESO non utilizou aínda este sistema e isto pode xerar algún tipo de dúbidas neles ou as súas familias

Os pasos para entrar na aula virtual son os seguintes:

Entrar na aula virtual do centro

Unha vez alí hai dúas opcións, que o curso estea aberto a invitados, co cal non terían máis que clicar no curso para entrar nel, ou que o curso requira que o alumno entre identificado, Para o que tería que ir a ACCESO, e identificarse coas súas claves.

Para saber como acceder como alumno identificado facer  clic aquí para descargar a información explicativa

Os alumnos foron rexistrados co correo web que eles facilitou ou co que facilitaron os seus proxenitores / titores no momento da matrícula, e leste será o correo de recuperación de claves de conta en caso de non lembralas

Lede a información, o uso das aulas virtuais é moi sinxelo. Os alumnos de cursos superiores están afeitos aos seus uso e se tedes irmáns/ as maiores eles pódenvos botar unha man.

Ánimo, é moi sinxelo

 

 

 

INFORMACIÓN CORONAVIRUS

Dende a Dirección Xeral de Saúde Publica da Consellería de Sanidade fannos chegar información relativa ao coronavirus (COVID-19) que resulta de interese para os centros educativo, premer no seguinte enderezo para consultala

 

Lèmbrase a toda a comunidade educativa a importancia das medidas de prevención, que, principalmente, están relacionadas cunha correcta hixiene personal no lavado das mans, e na responsabilidade de non acudir o Centro no caso de presentar síntomas.

 

 

ACTIVIDADES SEMANA DO 9 AO 13 DE MARZO

ENTROIDO INTERXENERACIONAL: CENTRO DE DÍA A FARIXA - IES OTERO PEDRAYO

Entroido Interxeracional: Centro de día A Farixa- Otero Pedrayo! Este ano vivimos no Otero o Entroido con máis valores, o máis inclusivo, o de todxs e con todxs, o máis entrañable... e o máis divertido! Grazas ao noso programa Inclúe-T, este curso forma parte da familia do Otero Pedrayo "a mocidade" do Centro de día A Farixa. Canto aprendemos delxs! Que experiencia máis bonita para o noso alumnado e profesorado! Grazas. De corazón

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 

A MULLER EN PROFESIÓNS TRADICIONALMENTE MASCULINAS

Dentro do Plan de Igualdade, no IES Otero Pedrayo seguimos adiante co noso ciclo de conferencias centrado en diferentes ámbitos da muller. Se o mes pasado analizabamos o papel da muller no deporte de élite, nesta ocasión as protagonistas son mulleres con profesións tradicionalmente masculinas, como o exército, a mecánica ou o mundo do transporte. O obxectivo é visibilizar e normalizar a presenza da muller en calquera sector.

 

 


IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

Comezamos a celebración coa lectura do manifesto, disfrutamos da exposición de caligramas feitos pola nosa rapazada e tivemos un acto central no Paraninfo. Neste mostramos os 15 mellores videopoemas presentados ao concurso convocado co gallo da efeméride, escoitamos á Rosalía máis internacional coa lectura de poemas en rumano, en inglés, en francés, en alemán, en portugués… e gozamos coas diferentes versións musicais dos seus poemas. Pór en valor a figura de Rosalía de Castro é unha obriga no noso ensino. Grazas ao Departamento de Dinamización por esta xornada de achegamento a ela.

 

 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

Distribuir contido


by Dr. Radut