"A muller no deporte" encetou o ciclo de conferencias centrado na muller que o IES Otero Pedrayo botou a andar onte mesmo.
É unha das actividades enmarcadas dentro do seu Plan de Igualdade e terá continuidade nos vindeiros meses con outras charlas, nas que se analizará o papel da muller noutros ámbitos: na política, na ciencia, na literatura...
Ane Santesteban, ciclista profesional olímpica; Zulema González, árbitra internacional e Sonia Pacios, xogadora de fútbol-sala en Primeira División foron as convidadas de luxo que abriron este ciclo. O alumnado tivo a ocasión de coñecer a súa vida deportiva e facer todo tipo de preguntas ligadas coa súa condición de muller no deporte de élite. Toda una honra para o Otero! Grazas ás tres por poder contar con vós
Enlace á nota de prensa en La Voz de Galicia
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.