Skip to Content

INICIO DE CURSO

Prezadas familias,

No serán de onte, a administración educativa comunicounos que aumenta en 10 docentes a nosa plantilla de profesorado. Esta decisión implica manter ensinanza presencial en tódolos niveis, desdobrando grupos que pasarán a ser máis reducidos para poder manter o metro e medio de distancia entre pupitres. Debido á ausencia de aulas suficientes, a ensinanza de bacharelato será en horario vespertino.

 

Esta decisión da administración chega a unha semana do inicio das clases, co que lle pregamos comprensión ás familias neste inicio de curso que, sen dúbida, será difícil de organizar. En canto teñamos a información completa sobre presentación, grupos e horarios farémola chegar polas canles habituais.

 

Reciban un saúdo

O equipo directivo

 

INICIO DE CURSO

Prezadas familias,

desgraciadamente a día de hoxe a única información certa que temos para ofrecer é o adiamento do curso escolar para os días  23, 24 e 25 de setembro. Estamos a espera da decisión da Consellería sobre o número de docentes asignados ao noso centro.

En canto teñamos algunha certeza, trasladaremos a información sobre o inicio do curso escolar de xeito inmediato

Un saúdo

O equipo directivo

 

COMUNICADO DO CENTRO

Prezadas familias,

a día de hoxe non podemos dar información concreta de horarios no inicio de curso nin outra información que a estas alturas xa teriamos proporcionado nunha situación normal. 

Estamos traballando para garantir, na medida das nosas posibilidades, unha volta ás aulas segura dentro do posible. En canto as autoridades educativas nos dean instrucións concretas para a aplicación á realidade do noso centro do protocolo COVID-19 trasladaremos toda a información á comunidade educativa.

Somos plenamente conscientes de que a unha semana do inicio de curso esta incertidume pode xerar malestar. Por iso vos pedimos desculpas pero tamén pedimos comprensión xa que, unha vez máis dende que se iniciou esta crise sanitaria, o centro non pode tomar decisións que non lle corresponden.

Un saúdo

O equipo directivo

 

DEVOLUCIÓN EXTRAORDINARIA LIBROS ANPA

ATENCIÓN DURANTE O MES DE AGOSTO

Dende o luns día 3 de agosto ata o domingo 23 de agosto as instalacións do centro permanecerán pechadas por obras. Para calquer xestión que precisen poden contactar co equipo directivo no enderezo electrónico ies.otero.pedraio.ourense@edu.xunta.es 

CONVOCATORIA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO CURSO 2019/2020:

Pode participar todo o alumnado que finalizase a ESO no curso 2019/20, fose proposto para título na convocatoria ordinaria e obtivese unha nota media da etapa igual ou superior a 9.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 27 de xullo ao 21 de agosto de 2020.

Aquel alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá 750 EUR e, ademais, un diploma acreditativo e a distinción será anotada no seu expediente académico.

Mais Información

Convocatoria

 

CONVOCATORIA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO, CURSO 2019/2020:

Pode participar todo o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2019/20, fose proposto para título na convocatoria ordinaria e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

O prazo para facer a solicitude será dun mes a partir do 23 de xullo.

Aquel alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá 1.000 EUR e, ademais, un diploma acreditativo e a distinción será anotada no seu expediente académico.

Convocatoria

Mais información

 

PARABÉNS A SOFÍA

Comprácenos moito compartir con toda a comunidade educativa do IES Otero Pedrayo a nosa ledicia polos grandes resultados do noso alumnado nas probas ABAU e, en especial, da nosa alumna Sofía Salgado Pontón, que obtivo a mellor nota da provincia e unha das mais altas de Galicia.

Os nosos parabéns para ti, Sofía, que extendemos a todo o alumnado, polo excelente remate deste curso tan duro. Unha aperta moi grande.

Sofía Salgado Pontón

https://www.laregion.es/articulo/ourense/estudiante-otero-pedrayo-mejor-nota-selectividad-ourense/20200720142606961497.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2020/07/21/sacar-nota-alta-condicionante-elegir-determinados-estudios/0003_202007O21C4991.htm

STEMBACH Otero Pedrayo

O alumnado que se matricule en 1º Bacharelato na modalidade de Ciencias pode solicitar a participación no STEMBACH de nova implantación no centro o curso 2020-21.

Mais información sobre este Bacharelato no seguinte documento:

Distribuir contido


by Dr. Radut