Prezadas familias,
desgraciadamente a día de hoxe a única información certa que temos para ofrecer é o adiamento do curso escolar para os días 23, 24 e 25 de setembro. Estamos a espera da decisión da Consellería sobre o número de docentes asignados ao noso centro.
En canto teñamos algunha certeza, trasladaremos a información sobre o inicio do curso escolar de xeito inmediato
Un saúdo
O equipo directivo