Skip to Content

AS DISCÍPULAS OURENSANAS DO LEGADO DE MARIE CURIE

"Ciencia con acento feminino". Este é o titular que a portada de La Voz de Galicia lle dá ao artigo sobre as científicas do departamento de Bioloxía do IES Otero Pedrayo. Nel destácase a importancia da materia de Cultura Científica, así como a aplicación práctica no laboratorio en idades temperás, o magnífico que é poder contar cun bacharelato STEM ou  o crucial que é darlle ao noso alumnado referentes de mulleres científicas desde ben novíño.

 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE. 

MARTA REINO, na FASE NACIONAL da OLIMPÍADA de BIOLOXÍA

 

Hoxe celebrouse na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo a XVI Olimpíada de Bioloxía, fase galega, e non nos podemos sentir máis orgullosos da participación do noso alumnado, seleccionado na fase previa: Marta Reino, Olalla Magide, Nerea Vilas, Eva Espinosa e Adrián Vázquez. O seu traballo foi excelente! Tanto é así que, ademais do 6° posto de Nerea Vilas e o 5° de Olalla Magide, Marta Reino acadou un magnífico 3° posto que a leva directamente, a ela e ao Otero Pedrayo, á fase nacional da olimpíada! Mil parabéns!

 

 

IES OTERO PEDRAYO.  ENSINO PÚBLICO.  ENSINO DE CALIDADE

FASE PREVIA OLIMPIADA BIOLOGÍA

Un ano máis, o IES Otero Pedrayo estivo presente na Olimpíada de Bioloxía. Este venres realizouse a fase previa, en liña, na que o noso alumnado de 2º BAC fixo un traballo magnífico. Parabéns!
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CHARLA FEDERICO PÉREZ

O actor, guionista, monologuista e filólogo Federico Pérez fíxolle onte unha visita virtual ao Otero Pedrayo!
A nosa rapazada puido preguntarlle polo seu papel dentro de series xa clásicas como "Padre Casares", "Libro de familia", "Mareas vivas", "Air Galicia", "Era visto!"..., pero tamén pola súa interpretación naquelas de última actualidade, como a exitosa "El desorden que dejas". Pulsamos o estado actual do cineme galego e comentamos o magnífico elenco de actores e actrices cos que podemos contar na nosa terriña.
Grazas, Fede, por estar SEMPRE.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

O NOSO HORTO

O cariño e os mecos cos que o alumnado do Otero Pedrayo coida o noso horto, fan que luza así de bonito! Dá gusto ver os chícharos, os allos, os amorodos...
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

EXPOSICIÓNS 15 VISIÓNS: UNHA PERSPECTIVA DE DIFERENTES REALIDADES DESDE O PUNTO DE VISTA DA ARTE.

Grazas ao Plan de Innovación Educativa, Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade", xa loce no claustro do noso instituto a exposición 15 VISIÓNS: UNHA PERSPECTIVA DE DIFERENTES REALIDADES DESDE O PUNTO DE VISTA DA ARTE.
É unha exposición de fotofrafía que aborda a arte baixo o prisma do xénero. Quince mulleres vítimas de violencia de xénero versionan obras de arte moi populares, como "La maja vestida" de Goya ou a "Gioconda" de Leonardo da Vinci.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

PARABÉNS TERESA

A nosa alumna María Teresa Rey Martín-Aragón, actualmente en 2º da ESO, vén de quedar finalista no XXIX Concurso de Pintura Infantil y Juvenil para centros escolares 2019-2020, convocado por Patrimonio Nacional co seu debuxo "Palacio en flor". Mil parabéns, Teresa, por un recoñemento tan merecido. Orgullo de alumnado!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CURSO 2021-2022

Informamos que, en colaboración coas autoridades educativas, estanse a facer todas as xestións posibles para intentar que, se a situación sanitaria non establece condicións máis restrictivas que as actuais, o horario lectivo de Bacharelato no curso 2021/2022 do IES Ramón Otero Pedrayo recupere a quenda de mañá.

PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

Publicada no DOG  a Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato (ligazón á orde).


O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, CEIP A Inmaculada, CEIP Irmáns Villar, CPR San José, CPR Santa Teresa de Jesús), para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe  ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde.

O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro.

SUPERBACTERIAS: JOSÉ RAMOS VIVAS

"Superbacterias resistentes aos antibióticos. Como chegamos ata aquí?". Este foi o título da charla que un dos microbiólogos de maior prestixio do panorama actual, investigador científico da Universidade de Cantabria e ex-alumno do Otero Pedrayo, JOSÉ RAMOS VIVAS, veu dar hoxe ao alumnado do noso centro. Afortunados e agradecidos nos sentimos por poder contar con actividades desta calidade. Grazas a Mari Carmen Cid Manzano, antiga profesora de Ramos Vivas no Otero, pola súa presentación, e grazas tamén a Beatriz Valiñas, profesora na actualidade, por organizar conferencias tan brillantes como estas.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut