Publicada no DOG a Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato (ligazón á orde).
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, CEIP A Inmaculada, CEIP Irmáns Villar, CPR San José, CPR Santa Teresa de Jesús), para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde.
O prazo de presentación estará comprendido entre os días 11 de xaneiro e o 8 de febreiro.