OBRADOIRO DE CONTACONTOS A CARGO DA TROPA DE TRAPO

   
Onte , o alumnado de 1º de ESO asistiu ao espectáculo da Tropa de Trapo que leva por título A hora azul.
Trátase dunha sesión de contacontos con música, seguida despois dun obradoiro no que se traballan as técnicas de contar e a literatura de carácter oral.
Esta actividade é complementaria á programación de Lingua galega do primeiro trimeste , e ten como obxectivo ( ademais de asistir a un espectáculo ben bonito) que o alumnado aprenda a importancia da comunicación oral, os elementos que interveñen na mesma , os códigos xestuais, as diferentes recepcións que pode ter unha mesma mensaxe dependendo do emisor e do receptor... 
Todas estas aprendizaxes prácticas veñen reforzar o aprendido sobre a narración dentro das clases, ademais de servir como guía para a actividade que en breve deberá realizar o alumnado : a exposición dentro da súa aula dun conto  na que terá poñer en práctica o aprendido.
Os membros da TROPA DE TRAPO, Brais e Marta ,  souberon ademais transmitirnos con enorme sensibilidade historias doutras culturas e doutros pobos, que tan similares poden ser ás nosas en moitas ocasións . E todo iso nun clima tranquilo e agradable, que nos transmitiu moitísima paz . Estamos moi contentos de que estivesen connosco no instituto.
Pódese ver máis información sobre a actividade no blogue de Lingua galega  MORADÍAS DO VENTO  
 

RETRATOS DE SADA

Aquí tedes o video resumo do traballo de fotografía feito polos alumnos de 4º ESO ( curso 2012-13), así como a exposiciónn de fotografia "RETRATOS DE SADA" que estivo exposta na Capela de San Roque (Sada- A Coruña) 

 

 

 

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "RETRATOS DE SADA"

     
                                                                                                                                            
 

CONVÍDASE A TÓDOLOS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES O MOSTEIRÓN Á EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "RETRATOS DE SADA" QUE TERÁ LUGAR NA CAPELA SAN ROQUE (SADA-A CORUÑA) DO 15 AO 30 DE OUTUBRO. OS RETRATOS REALIZÁRONSE NUN OBRADOIRO ENMARCADO DENTRO DA ACTIVIDADE "FOTOGRAFÍA EN CURSO". OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º DE ESO (CURSO 2012-2013), COORDINADOS POLA PROFESORA DE PLÁSTICA NATALIA VEIRA E O FOTÓGRAFO JOSÉ CARUNCHO,FORON OS AUTORES DOS RETRATOS.

 

CONCELLO DE SADA

AXUDAS ECONÓMICAS TRANSPORTE

 

Está aberto o prazo de presentación de solicitudes das devanditas axudas  (20 de setembro ao 7 de outubro). Para máis información podes entrar na páxina web do concello www.concellodesada.com

 

 

 

 

CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA AS NAIS/PAIS/TITORES LEGAIS DO ALUMNADO DO IES O MOSTEIRÓN

 

      

CONVÓCASE ÁS NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS DO ALUMNADO DO IES O MOSTEIRÓN A UNHA REUNIÓN  O VINDEIRO LUNS 20 DE OUTUBRO ÁS 17:15 H NA SALA DE AUDIOVISUAIS.

 

PROGRAMACIÓN PREVISTA:

Sala de audiovisuais (2ª Planta, de 17:15 a 17:45)  Información dos membros do Equipo Directivo en relación a: normas de funcionamento do centro, presentación dos titores/as etc.

 

Aula-grupo (1ª Planta de 17:45 a 18:30 h)  Información dos TITORES: horario do grupo, hora de atención a nais/pais, etc.

PRESENTACIÓN DO ALUMNADO Curso 14-15

O vindeiro  luns 15 de setembro ás 12:30 h terá lugar no centro educativo a presentación do alumnado. O profesor-titor de cada grupo informará na aula correspondente ao alumnado de: horario, profesorado que imparte as distintas materias e instrucións relativas ao funcionamento do comedor escolar.

TRANSPORTE

O transporte escolar o día da presentación realizará o seu percorrido habitual partindo de Sada ás 12:00 h, e de Oleiros e O Burgo ás 11:30 h. A saída do transporte dende o centro realizarase ás 13:45 h.

COMEDOR

O día da presentación non haberá servizo de comedor escolar.

AXUDAS ESCOLARIZACIÓN 14-15 "CONCELLO DE SADA"

CONVOCATORIA DE AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA A ESCOLARIZACIÓN DE MENORES DO CONCELLO DE SADA PARA O CURSO 2014-2015

Dende a administración local  municipal de Sada, infórmase de dita convocatoria, para máis información, podes acceder a páxina web do concello

 

COMEDOR ESCOLAR 13-14

 NORMATIVA DO SERVIZO DE COMEDOR NO CURSO 13-14

- INSTRUCIÓNS 1/2013 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA, DO 14 DE XUÑO, SOBRE O FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2013-14.

- DECRETO 132/2013, DO 1 DE AGOSTO, POLO QUE SE REGULAN OS COMEDORES ESCOLARES DOS CENTROS DOCENTES PÚBLICOS NON UNIVERSITARIOS DEPENDENTES DA CONSELLERIA CON COMPETENCIAS EN MATERIA DE EDUCACIÓN. 

(ver  arquivos adxuntos)

 

CALCULADORA SIMULACIÓN TAXAS COMEDOR

AOS EFECTOS DE FALICITAR O CÁLCULO DAS TARIFAS POLO USO DO SERVIZO DE COMEDOR ACHÉGASE ENLACE Á CALCULADORA A TRAVÉS DA PÁXINA DA CONSELLERÍA.

                                               ENLACE Á CALCULADORA

ROTEIRO ROSALIANO 2013

Un curso máis o alumnado de 3º de ESO  realizou o  roteiro rosaliano; unha actividade xa instituída que o departamento de Lingua galega organiza cada ano con grande satisfacción. O percorrido complementa a programación da materia e  consiste na realización dun itinerario que segue parte da vida de Rosalía de Castro por terras de Santiago e de Padrón . Nesta ocasión iniciamos o camiño  casa-museo da Matanza en Padrón e rematamos en Santiago no Museo do pobo galego e no Panteón de galegos ilustres. Que ben o pasamos e  canto aprendemos!

ROTEIRO ROSALIANO 2013

LA CELESTINA

05/04/2013 16:56
Etc/GMT+1

 

Hoxe, os grupos de terceiro de ESO asistimos ao teatro Rosalía de Castro para ver a representación da obra La Celestina, de Fernando de Rojas, en versión e adaptación de Ricardo Iniesta.
A función presenta durante todo o espectáculo os actores en escena, encarnando os personaxes ou creando un ambiente escénico e sonoro. Destaca a riqueza dos coros que transportan o espectador ao submundo daquela época, pero que podería ser dos nosos días. A obsesión polos cartos e o egoísmo resultan tremendamente actuais. Neste texto, que non está escrito en verso, pero que contén tanto ritmo, danse cita tamén o humor, o erotismo e os conflitos de clases.
Distribuir contido