Orientación ás Familias
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA PARA PAIS/NAIS
Libros recomendados | |
"La edad del pavo". ALEJANDRA VALLEJO-NÁJERA. Ed. Temas de hoy. | |
"La recuperación de la autoridad. JOSÉ ANTONIO MARINA. Ed. Versátil. | |
"Los hijos tiranos". VICENTE GARRIDO GENOVÉS. Ed. Ariel. | |
"Escuela de padres". J.A. CARROBLES. Ed. Pirámide. | |
"El pequeño dictador". JAVIER URRA. Ed. Esfera de los libros. |
RESERVA PRAZA VINDEIRO CURSO NO IES ISAAC DÍAZ PARDO
Segundo se contempla na Orde de 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, artigo 10.2 “o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como anexo I” (formulario normalizado ED550A)
Tamén se poderá cumprimentar a reserva través da aplicación admisionalumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ que deberán entregar posteriormente na Secretaría deste centro.
A reserva tamén se poderá formalizar na Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.
Aquelas familias do alumnado de 4º curso de ESO que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza . O prazo de presentación da reserva de praza será do 1 ao 15 de febreiro.
A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Entre o 1 e o 20 de marzo de 2019:
ADMISIÓN
As solicitudes de admisión presentaranse:
- mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado»,
- no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado. Modelo solicitude admisión (ED550B)
DROGODEPENDENCIAS
O alcol e tabaco son as drogas legais máis consumidas polos adolescentes. A media de inicio de consumo está en 13 anos. |
||||||
Se sospeitas que o teu fillo consume algún tipo de substancia legal ou non, fala dos riscos e ensínalle que hai outras formas de diversión que non prexudican a saúde. Como pai/nai debes aprender a dicir non ao teu fillo/a. |
MALTRATO
Que é? Comportamento prolongado de insulto verbal, rechazo social, intimidación psicolóxica e/ou agresividade física duns nenos cara a outros. Non se produce de forma esporádica senón de forma permanente. | |
Que facer? Ante a sospeita de maltrato fale co seu fillo/a e pida cita ao titor/a. | |
|
BULIMIA
Bulimia | |
Que é? Comer gran cantidade de comida de xeito incontrolado e tras elo sentirse culpable. |
|
|
|
Que facer? Ante a sospeita de sufrir algún destes trastornos hai que consultar co médico. |
ANOREXIA NERVIOSA
Anorexia nerviosa. Sinais de alarma | |
a) Redución significativa do pelo en pouco tempo. | |
b) Facer comentarios despectivos cara ao seu corpo. | |
c) Evitar poñerse roupa axustada. | |
d) Intentar saltarse a hora da comida. | |
e) Agachar ou desmenuzar (separando) obsesivamente a comida. | |
f) Preocupación por coñecer dietas e buscar formas dun corpo ideal. | |
|
CONSELLOS PARA MELLORAR O RENDEMENTO ACADÉMICO
• Durmir 8 horas diarias | |
• Almorzar correctamente, apórtanos a enerxía necesaria para afrontar a xornada escolar. Exemplo: O almorzo debe incluír alomenos unha peza de froita e un lácteo mais cereais. Dependendo do alumno/a pódese inxerir unha peza de froita, un zume ou sandwich,... nun dos recreos. | |
• Colocar no cuarto do alumno/a un horario lectivo nun lugar visible. | |
• Estudar alomenos dúas horas diarias. Por estudar se entende: facer os "deberes", ler, sublinar, buscar no dicionario, facer traballos, memorizar,... | |
• É conveniente facer un seguimento por parte dos pais/nais das tarefas escolares, tanto na casa como no centro, poñéndose periodicamente en contacto co titor/a. | |
• Ter o material de consulta (libro de texto, dicionarios, enciclopedias,...) necesario para facer fronte ao estudo. | |
• Deixar a mochila preparada do día anterior. | |
• Acostumar ao alumno/a ao uso do espertador. |