Blog da Biblioteca
MARÍA CANOSA EN MOSTEIRÓN
A escritora María Canosa visitou hoxe o noso instituto para falar do seu libro Muriel
co alumnado de 1º ESO. Antes de marchar quixo coñecer A Esperela e asinar uns exemplares.
Grazas, María!!
VISITA Á LIBRARÍA "MOITO CONTO"
Para conmemorar a Semana do Libro, hoxe fixemos co alumnado de 3º ESO a nosa xa tradicional visita á libraría "Moito conto", onde escoitamos as libreiras e escollimos libros para A Esperela. Saímos ben cargados!
CONTOS DE MEDO NO FORUM METROPOLITANO
Hoxe, o alumnado de 3º ESO desfrutou dunha sesión de contos de medo e misterio da man de Raquel Queizás no Fórum Metropolitano.
VISITA Á BIBLIOTECA DE SADA
Hoxe , o alumnado de 2º de ESO visitou Biblioteca Pública Municipal "Ramón Suárez Picallo". Alí coñeceu os fondos da biblioteca, a súa orde e colocación, os criterios de selección, a búsqueda online... A visita rematou cunha sesión de contacontos (a adaptación dun texto de Álvaro Cunqueiro, Os outros feirantes) a cargo do actor Ramiro Neira.
ENTREGA DE PREMIOS ÁS MELLORES AXENDAS ESCOLARES
OBRADOIRO DE POESÍA POR YOLANDA CASTAÑO
Hoxe os grupos de terceiro e de cuarto de ESO participaron en cadanseu obradoiro de poesía.
Yolanda Castaño. partindo dun poema propio , explicou que na poesía non hai unha única lectura
porque os lectores lles dámos unha nova vida aos textos con cada unha das nosas interpretacións.
Tamén comezamos unha composición poética colectiva.
Grazas Yolanda, foi moi interesante.
CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO