Blog da Biblioteca
PREMIOS AO CONCURSO DE MICRORRELATOS
Samoa Pan, de 2º ESO B levou hoxe o premio do concurso de micorrelatos "Amor? Amor! en 100 palabras", que organiza A Esperela, cun relato titulado "Aviones de papel"
ORIENTACIÓN PROFESIONAL
Hoxe viñeron á Esperela Serafín e Sabela, dous talentosos ex alumnos do noso insti que falaron co alumnado de 4º ESO da súa traxectoria persoal e profesional e compartiron as súas lembranzas e arelas.
SESIÓN DO CLUB DE LECTURA.
VISITA AO CENTRO DE ANDREA MACEIRAS
Hoxe visitou o noso centro Andrea Maceiras, autora do libro O que sei do silencio , lido polo alumnado de 3º e 4º de ESO este trimestre. Andrea falounos do proceso da escrita e conversamos con ela sobre o acoso escolar , que é o tema central do libro . Ao final asinou exemplares dos seus libros a todos o que llo pediron.
ENCONTROS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL PARA 4º DE ESO
Hoxe, durante a hora de titoría de 4º de ESO, tivemos o pracer de recibir a dous exalumnos moi queridos: Enrique Lagares e Sabela Rodríguez . Os dous , que xa están no mundo laboral, explicaron en que consisten os seus traballos e os estudos que fixeron para conseguilos.
VISITA A RADIO NACIONAL
A Biblioteca A Esperela organizou a visita aos estudios de Radio Nacional onde estivo o alumnado de 4º de ESO.
Parece que o pasaron moi ben ademais de ter a oportunidade de "dar as noticias".