Blog da Biblioteca

OBRADOIRO DE DOBRAXE

19/10/2018 13:00
Africa/Addis Ababa

O Departamento de Lingua Galega e a nosa biblioteca, A Esperela, levamos o alumnado a un obradoiro de dobraxe organizado pola   Biblioteca da Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada. A rapazada saíu encantada!!

 

 

ÚLTIMA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA NESTE CURSO

         Hoxe tivo lugar ,na biblioteca A Esperela, a última reunión dos membros do club de lectura Atrapasoños. Esta sesión pon fin neste curso a unha viaxe arredor de 24 lecturas que se realizaron nos recreos dos xoves . Ao alumnado participante entregóuselle en cada sesión un relato e un marcapáxinas . A experiencia pagou a pena , así que o ano que vén repetimos.  AQUÍ pódese visitar o blog do club de lectura.

ALUMNADO DE CUARTO CONTA CONTOS PARA EDUCACIÓN DE INFANTIL

O Alumnado de 4º de ESO realizou unha actividade, promovida desde a Biblioteca escolar, consistente na asistencias ás clases de educación infantil para contar un conto. Ademais de ser enriquecedora, resultou un éxito. Aquí  pódense ver fotos e un vídeo.

ENCONTROS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

Neste último trimestre do curso, desde a Biblioteca A Esperela , véñense organizando varios encontros con exalumnos do noso centro que xa remataron os seus estudos. A actividade , dirixida ao alumnado de 4º de ESO, desenvolveuse nas horas de titoría .

                                                                                                                                                                                                                

 



VISITA DE AMADEO COBAS

Hoxe, 26 de abril , o escritor Amadeo  Cobas visitou a nosa biblioteca . O alumnado de 2º de ESO, fíxolle moitas preguntas sobre o seu libro A cacería  , que leu neste trimestre.

Foi un encontro literario moi interesante no que o escritor falou das experiencias e intereses que lle inspiraron o libro. 

Obradoiro de dobraxe para 2º de ESO

O alumnado de 2º de ESO participou hoxe, 24 de abril, nun Obradoiro de Dobraxe na Casa da Cultura de Sada, grazas á iniciativa do Concello e coa colaboración da biblioteca A Esperela.

Aprenderon os fundamentos da dobraxe e fixeron unha curtametraxe baseada en "Crepúsculo". Foi moi divertido!! No blog da biblioteca pódese ver o resultado.
 

OBRADOIRO DE XORNALISMO NO NOSO INSTITUTO

Hoxe, 5 de marzo, contamos na Esperela coa presenza do noso querido exalumno Pablo Díaz Bouza, xornalista graduado pola USC , que impartiu unha  charla sobre a súa profesión e a influencia das noticias e dos medios de comunicación. Foi interesantísimo e un pracer escoitalo. Moitas grazas, Pablo! 

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 

                                            

 

 Hoxe comezaron os APADRIÑAMENTOS LECTORES. Organizados desde a biblioteca A Esperela, consisten na visita dun grupo de alumnos/as de 4º de ESO  ás aulas de Educación Infantil para compartiren cos pequechos  a experiencia da lectura de contos. Trátase dunha actividade gratificante para todos, os pequeniños quedan admirados e contentos e os maiores volven todos cheos de satisfacción. Prodúcense ademais "conexións" entre eles que vale a pena presenciar.

Para ver todas as fotos visitade o BLOG DA BIBLIOTECA

MOSTEIRÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Durante esta semana fixéronse varias actividades no instituto en relación coa violencia de xénero. Cómpre  combater este mal da nosa sociedade, con todos os medios ao noso alcance, e a educación , sen dúbida, é unha das ferramentas máis importantes que temos para transformar esta inxustiza.

As aulas e os espazos comúns enchéronse de imaxes desgarradoras: 52 esquelas de mulleres e nenos asasinados ao longo deste ano, siluetas no chan que representan os asasinatos, lemas contra o machismo no recibidor e en todas as portas das aulas, pegatinas e lazos para as camisetas, un acto de lectura de textos co alumnado de 3º e 4º... Todo sempre é pouco para intentar crear conciencia e corrixir actitudes.

CLUB DE LECTURA ATRAPASOÑOS

 

Desde o mes de outubro, unha vez á semana, reúnense na biblioteca A Esperela os membros do club de lectura Atrapasoños. Este club de lectura nace coa intención de dar continuidade a moitas das actividades que xa se veñen realizando desde a nosa biblioteca. Pretendemos consolidar a existencia dun tempo de lecer  dedicado aos libros, e  materializalo no espazo físico da nosa biblioteca escolar  para convertela nun lugar de ocio alternativo a outros xa existentes no instituto.  O Atrapasoños é o distintivo do club, simbolizando os soños que as lecturas son capaces de facer realidade. Neste breve espazo de tempo xa levamos lidos oito relatos , sobre os cales o alumnado opinou e compartiu impresións. Para seguir a actividade do club podedes consultar o seu blogue

 

Distribuir contido