Técnicas de Estudo
TÉCNICAS DE ESTUDO DE INTERESE
Que son as técnicas de estudo? |
Son un conxunto de técnicas para planificar o estudo. As técnicas de estudo non son receitas máxicas, requiren un tempo de aprendizaxe e bastante práctica para obter resultados. Neste páxina mencionaremos só as técnicas máis habituais. |
Que condicións se necesitan para estudar? |
Estudar require esforzo e concentración, e para poder facelo hai que estar en boas condicións físicas e psíquicas, é dicir, estar descansado, sen graves preocupacións e levando unha dieta equilibrada. Aconséllase que as horas mínimas que debe durmir toda persoa que estuda sexan oito, e que a súa alimentación sexa rica, variada e equilibrada, reforzando o almorzo e alixeirando a cea. O lugar no que se estuda debe reunir condicións para evitar distraccións e poder concentrarnos. Non debemos esquecer que estudar require un traballo sistemático, polo que tódolos días debes adicar un tempo mínimo fixo para o estudo. |
Algunhas suxestións de interese: |
|
1.- Programar o traballo | |
2.- Tomar ben os apuntamentos | |
3.- Ler subliñando | |
4.- Confeccionar esquemas e resumos | |
5.- Memorizar comprensivamente |
Máis información | |
Consulta os 4 ficheiros adxuntos se estás interesado en informarte sobre algunhas estratexias e técnicas que te poden axudar a estudar. Debes ter instalado no teu ordenador o Acrobat Reader para poder ler a información. | |
Descargar Acrobat Reader |