Actividades Desenvolvidas
DÍAS DAS LETRAS GALEGAS 2019
16/05/2019 12:41
Africa/Addis Ababa
CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO NOSO CENTRO CUN CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL, COA PARTICIPACIÓN MOI ACTIVA DE TODO O ALUMADO
ACTUACIÓN DE CHRYSTYAN MAGIC NO SALÓN DE ACTOS
|
ESPECTÁCULO DE MAXIA O VINDEIRO MÉRCORES 20 DE MAIO TERÁ LUGAR NO SALÓN DE ACTOS, de 11:20 h a 12:10 H A ACTUACIÓN DO MAGO CHRYSTYAN MAGIC, DENTRO DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO POLO EDLG PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. A SESIÓN DE MAXIA ESTÁ DIRIXIDA A TODO O ALUMNADO DO CENTRO EDUCATIVO. |
||
A REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE É POSIBLE GRAZAS Á COLABORACIÓN ECONÓMICA DA ANPA "VIRXE DO CARME" DO IES O MOSTEIRÓN, E DO CONCELLO DE SADA. | |||
ROTEIRO OURENSÁN
O pasado 12 de abril o alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato realizou o que demos en chamar o "roteiro ourensán" percorrendo varios lugares con grande importancia literaria . O inicio do roteiro foi no mosteiro de Oseira de grande interese artístico e histórico, a seguir estivemos no Pazo de Trasalba, casa familiar do grande mestre Otero Pedrayo e á tarde tocoulle a Ourense, unha cidade fortemente literaturizada.
Moitos foron e son os autores que crearon ao redor da urbe das Burgas o seu espazo literario.No Rexurdimento do XIX, Curros Enriquez aparece ligado á cidade na que axiña adquirirá importancia Valentín Lamas Carvajal . O grande novelista da Xeración Nós, RAMÓN OTERO PEDRAYO, de vocación fidalga e rural, construirá parte da súa triloxía Os camiños da vida ao redor da transformación da cidade no tránsito entre a vella sociedade tradicional e o mundo contemporáneo que agroma ó tempo que dobra o século XX.VICENTE RISCO, o ideólogo da Xeración, en 1918 escribe unha noveliña na que, desde Ourense, se consegue resucitar a momia de Tutankamón, como é Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros. Outras voltas sobre a cidade déixanse ver enO porco de pé, a novela máis coñecida deste escritor. Cuevillas,pola súa banda, deléitanos cos seus ensaios históricos e antropolóxicos de fonda feitura literaria recollidos nas súas Prosas galegas, onde sobrancea como naceu a cidade de Ourense. Non estraña pois, que dada a cantidade de escritores e iniciativas que partiron destas terras se alcumase á cidade como “Atenas de Galicia”. Desde logo, serán varios os autores que contribúan a facer de Ourense a cidade con máis literatura urbana da Galicia actual:CARLOS CASARES, XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN, FERNÁNDEZ NAVAL... Entre eles, destaca de xeito moi sobranceiro, EDUARDO BLANCO AMOR. Este ourensán comprometido e polifacético -viaxeiro impenitente, tamén un magnífico fotógrafo- fixo que a cidade tomase vida en cinco das súas obras: A Esmorga, Os biosbardos, Xente ó lonxe, La Catedral y el niño, Los Miedos.
Na Esmorga,os espazos xeográficos que percorren os protagonistas -e nos que o Clube Alexandre Bóveda colocou as placas fragmentos das obras- son os mesmos que percorreu o alumnado durante a súa saída didáctica.
CONCURSO DE MICRORRELATOS. AMOR! AMOR? EN CEN PALABRAS
CONCURSO DE MICRORRELATOS. AMOR ! AMOR ?... EN CEN PALABRASATENCIÓN RAPAZAS E RAPACES:
Esta rapaza gañou o primeiro premio no concurso lingua de amor porque... ...EN GALEGO LÍGASE MÁIS .Está demostrado. Frases míticas para facer as beiras como: "ti es de aquí ou vés á festa?" só con usalas conseguen efectos demoledores coa vítima escollida ( probade, probade...)
Por iso para facerlle os honores a San Valentín, que en febreiro sempre anda moi atarefado, convocamos a cuarta edición do concurso de microrrelatos que demos en chamar AMOR? AMOR!... EN 100 PALABRAS.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, A VER QUEN CONSEGUE SER MÁIS ROMPEDOR NISTO DAS DECLARACIÓNS DE AMOR.
|
BASES DO CERTAME Amor? Amor!... en cen palabrasPrimeira. Os participantes presentarán creacións literarias orixinais e inéditas ‑e non premiadas noutros certames‑ no xénero literario que desexen, ben en prosa, en verso ou en ambas as modalidades. A temática será o amor, en calquera das súas manifestacións: amor, desamor…
Segunda. As obras deberán ter unha extensión máxima de 100 palabras e levarán título. Estarán redactadas en lingua galega e poden estar escritas á man ou a ordenador.
Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón (Sada). O prazo de presentación abrirase o día 1 de febreiro de 2010 no primeiro recreo e remata o 15 de febreiro no segundo recreo.
Cuarta. Os microrrelatos entregaranse na biblioteca durante os recreos; recolleraos o persoal docente con garda de biblioteca.
Os participantes deben presentar as obras dentro dun sobre, co título e cun pseudónimo ou nome falso por fóra. Dentro deste sobre, incluirase outro sobre máis pequeno –tamén co título do microrrelato e o pseudónimo por fóra‑ no que se indique o nome completo e a clase do autor ou autora do texto dentro.
Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro.
Sexta. As obras serán avaliadas por unha comisión designada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais polo equipo da Biblioteca A Esperela do IES O Mosteirón. Esta proclamará dous textos gañadores. Un para o primeiro ciclo e outro para 2º ciclo e Bacharelato.
Sétima. O anuncio da obra gañadora do certame farase o día 24 de febreiro. Terá lugar no ESPAZO CINEMA, no primeiro recreo.
Oitava. Os gañadores recibirán un premio sorpresa e un diploma acreditativo.
Novena. A participación no certame implica a aceptación destas bases.
|
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS
Por fin puidemos admirar a marabilla de curta que fixeron os do EDLG, pon a pel de galiña!!!!!!
Noraboa a todos!!!
Máis información aquí: http://edelingua.blogspot.com/
CURTAMETRAXE | TOMAS FALSAS |