Actividades Desenvolvidas
FEBREIRO DE 2009
En febreiro fixemos varias actividades :
- Unha exposición de poesía amorosa en galego para lle facer as honras a San Valentín.
- Celebración primeiro certame de microrrelatos de amor: Amor, amor en cen palabras!!
- Elaboración de carteis divulgativos sobre as festas do Entroido en Galicia e os vocabularios relacionados coas vestimentas , a gastronomía e os días significativos desta festa.
- Obradoiro de regueifas a cargo de Pinto d´Herbón e o Caruncho.
XANEIRO 2009
En Xaneiro comezamos a elaborar calendarios, que logo de plastificados, foron distribuídos por todas as aulas e espazos máis concurridos do Centro. Neles recóllense explicacións sobre cuestións lingüísticas, refráns e fraseoloxía tradicional sobre cada mes, actividades do Centro e eventos relacionados co noso idioma.
NADAL DE 2008
Nas vésperas do Nadal, os rapaces e rapazas do ENDL do noso IES prepararon dous contos para representárllelos aos cativiños do CEIP . Fixérono de marabilla. Os contos eran " Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis" e " Gato Guille e os monstros".Despois dos contos interpretaron un baile e agasallaron aos meniños con pegatas e doces.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7