Actividades Desenvolvidas

MAIO 2009

O mes de maio estivo cheo de actividades:

- O noso instituto participou de novo  no Correlingua, para este ano preparamos unha pancarta reivindicando o uso do galego en diferentes ámbitos. Foi unha xornada festiva na que disfrutamos moito.

- Varios alumnos do Centro participaron no certame literario Luísa Villalta celebrado no IES Isac Díaz Pardo de Sada. Levamos unha grande alegría ao saber Brais Patiño e Paula García e  Sabela Rodríguez gañaron os primeiro premio de poesía e o primero de relato e o terceiro de poesía respectivamente. Arrasaron!

- Con  motivo da celebración do Día das Letras galegas, tivemos expostos nos corredores uns carteis informativos sobre Ramón Piñeiro, autor ao que se lle dedicaba este día no 2009.

- O ENDL e o Departamento de galego agasallaron  a todos o membros do Centro cun marcapáxinas  e un superlapis que só escribe en galego. Para que todos se animen a usar o noso idioma.

MAIO 2009

Concurso de reseñas .

 Uns días despois de finalizar a exposición, convocamos un concurso para premiar a reseña máis motivadora para a lectura. Podedes ver as fotos da entrega do premio.

Concurso de reseñas .

FOTOLIBRO 2009: PRESUME DE LER E DÉIXATE VER

 

 No mes de abril, para celebrarmos o mes do libro, fíxose unha actividade moi bonita . Todos os membros do Instituto que quixeron , fixeron unha fotografía lendo un libro e recomendándollelo aos demais nunha breve reseña . Chamámoslle á actividade “ Presume de ler e déixate ver”.

Decoramos toda a entrada do Centro coas fotografías dunha chea de lectores. Para facer as fotos o ENDL contou coa importantísima axuda de Xacobe; o resto foi cousa de todos que participaron maioritariamente. Moitas grazas.

FOTOLIBRO 2009:  PRESUME DE LER E DÉIXATE VER

MARZO DE 2009

Durante este mes tivemos no instituto a exposición cedida por GALIX do cómic "COMPAÑEIROS" , do ilustrador Xosé Tomás , feito para conmemorar os feitos acontecidos durante a guerra civil no Portiño.

Contamos coa sorte de ter connosco a Xosé Tomás que nos agasallou cun obradoiro sobre cómic co que puidemos disfrutar moito.

Tamén con motivo do día da muller traballadora, colaboramos co concurso sobre mulleres científicas organizado desde o equipo da Biblioteca.

MARZO DE 2009
Distribuir contido